A importancia da luz nas rúas de Arteixo e nas festas

A importancia da luz nas rúas de Arteixo e nas festas

Que é o que consegue que unha rúa en Arteixo se convirta na túa favorita para ir coa túa parella? Por suposto que o clima, a arquitectura e a data inflúen, pero o que logra que sintas amor polo sitio é a luz, e por que?

Pois porque en función de como estean dispostas as luces dun  cambia totalmente a sensación que tes nel, o que sintes e o propio ambiente. Un chorro de luz branca non invita ó romanticismo que buscas para pasar unha velada para dous. Para estes momentos é preferible unha luz amarela, difusa e disposta en pequenos puntos de luz indirecta. Un concepto que se emprega na decoración exterior e tamén para personalizar unha festa popular.

As festas cunha luz máis presente e persistente son interesantes para xuntarse con amigos e amigas, provocando reunións animadas e distendidas, pero non para quedar no mismo sitio durante moito tempo detidos e sen bailar.

En Arteixo Centro Comercial Aberto contamos cun socio especialista en facer de cada lugar un sitio único empregando a luz, falamos de Iluminaciones Blanco, claro. Atópase na Avenida dos Bosques, 4. Se queres poñer luz as rúas da túa cidade, pobo ou iluminar un evento, visita a Juan Blanco na súa tenda de suministros lumínicos e pregunta polas súas solucións de iluminación.

suministros lumínicos en arteixo

Contacta con Iluminaciones Blanco chamando ao 609 605 765

Iluminaciones Blanco son os encargados de encher de luz os barrios cando é época de ledicia. Ademais de traballar para empresas e para os concellos, tamén o fan para particulares. Imaxina que queres organizar a túa voda no xardín da túa casa, preparando unha carpa para facer a cea na que se imite o ton das luces baixas que acostumas a ver nas películas de Hollywood. Con eles, podes.

Este é o poder da luz, capaz de facer dun lugar normal e corrente aquel que prefiras para celebrar o nadal, capaz de converter o teu chalé nunha festa entre amizades/amigos e amigas ou de transformar unha rúa corrente no máis especial dos paseos. E en Iluminaciones Blanco saben como conseguilo.

X