Unha cousa que está moi de moda nos nosos días é facerlle un agasallo ó teu can polo seu aniversario. Se non sabes cando foi o seu nacemento, festexa o día que o rescataches da protectora de animais. De feito, recomendámosche que nunca compres nin gatos nin cadelos, senon que visites o refuxio da túa zona e adoptes un.

Sabendo isto, a pregunta é que podemos regalar ó noso can que lle guste? Por suposto, esta pregunta ten trampa, porque tamén nos ten que gustar a nós como os seus coidadores, e tamén é certo que a festa facémola porque en Galicia somos de facer festas por todo.

Unha medalla para o seu colar de Grabados Calvo

En Grabados Calvo teñen un servizo moi especial para agasallar ó teu can. Trátase dunhas chapiñas persoalizadas con forma de medalla. Nelas poderás pór  o seu nome e calquera cousa que desexes. Queda moi ben, incluso cun toque vintage chulísimo. Grabados Calvo atópase en Avda. dos Bosques, nº 9. Seguro que acertas e acadas que sexa o máis bonitiño do parque.

regalos originales para perros

Unha receita natural con peixe de calidade de Botero Gundín

Sabías que os cans adoran o peixe? Así é, pero sempre que queirades darlle comida natural tedes que contar coa asistencia dun veterinario ou un dietista canino. Cómpre ter moito coidado de que non vaia ningunha espiña e que o preparedes un chisco máis cocido do normal para que o dixira ben. Se o teu can está acatarrado, un plato servido así axudaralle a comer.

Un paseo de aventura con Sherpani

O que máis desfruta o teu amigo é dar longos paseos ó aire libre. Visita Sherpani en Rúa Ría de Viveiro, nº 2-4 e pregúntalles que turismo de aventura, rutas de senderismo ou marchas podes facer con el. Será unha experiencia inesquencible e un agasallo perfecto.

Esperamos que estas ideas vos axuden a pasar un rato incrible co voso peludo. Vémonos en Arteixo!