O teléfono da pizzería Tutto en Arteixo é 981 906 565, sumándose esta saborosa proposta ó resto de restaurantes en Arteixo que podes atopar na nosa cidade. Pizza Tutto é unha casa de pizzas moi recoñecida en toda Galicia pola súa masa fina, o seu forneado e a súa variedade de receitas. A nos encántanos reunirnos todos os amigos e pedir unha pizza familiar acompañada dunha boa cervexa na fin de semana, un plan perfecto para festexar que xa chegou o venres.

A pizzería en Arteixo Pizza Tutto leva en Arteixo dende o ano 2012, ofrecendo un servicio de reparto de pizzas dende o martes ata o domingo, tomándose o luns de descanso, que falta fai. Se non vos gusta a pizza (porque sempre que se pide pizza temos un amigo que prefire outra cousa) podedes escoller tamén entre a súa selección de pasta, racións, paninis e tamén croquetas caseiras.

E que pizza pedimos? Se queredes unha recomendación aquí vai… A nos gústanos moito a pizza Diavolo, ainda que só a recomendamos se sodes uns amantes do picante, pois leva tomate, queixo, salami, champiñóns, guindilla e orégano. Pica bastante, avisados quedades, así que pedide bebida se a encargades. Unha que é mais frouxiña e moi fresca é a pizza Tropical, con Tomate, queixo, xamón cocido, piña e orégano.

pizzeria en arteixo tutto

Apetéceche unha pizza? Chama a Pizza Tutto en Arteixo:  981 906 565

Iso si, sabemos que o da piña na pizza tampouco é para todo o mundo, pero a nós encántanos. Se tedes moita fame, unha das pizzas máis clásicas e saborosas é a Pizza Bologna, con tomate, queixo, salsa bolognesa e orégano, e xa vos adiantamos que a salga bolognesa de Pizza Tutto merece moito a pena.

Próbade esta pizzería que conta xa con máis de dez pizzerías entre Galicia e Castilla León. Se buscades unha alternativa a Pizza Tutto tedes en Arteixo a Mamá Chicó, unha proposta chic de pizzas artesanas, ou ao Petisco… porque doutra cousa non saberemos, pero de variedade de restaurantes e propostas gastronómicas… en Arteixo… imos sobrados!