As mellores ópticas en Arteixo para ir ben guapo pola rúa

/, Ocio Arteixo, Opticas en Arteixo/As mellores ópticas en Arteixo para ir ben guapo pola rúa

As mellores ópticas en Arteixo para ir ben guapo pola rúa

En Arteixo contamos con tres ópticas, colaboradoras do SERGAS e que comparten a mesma misión: ofrecerche un catálogo de lentes que están moi á moda ó tempo que coidan a túa saúde ocular. É por iso polo que son as mellores ópticas en Arteixo.

A beleza comeza polo benestar do teu corpo, o que inclúe ós teus ollos. Se vives en Arteixo, recomendámosche visitar, para acadalo, a General Óptica Arteixo, Balneario Visión e Óptica Romay, e que podemos atoparnos en cada unha delas?

Mellores ópticas en Arteixo – Óptica Romay

Óptica Romay é moito máis ca unha óptica, teñen retinógrafo e un gabinete audioprotésico. E están co equipo de Gómez Ulla. A súa preocupación máxima é a saúde. Poderás coñecer ó seu estupendo equipo humán se o visitas en Avda. Balneario 48. En Óptica Romay traballan coas primeiras marcas, e tamén contan cunha liña de gafas deportivas, perfectas para ti se estás a contar os días que faltan para a chegada do bo tempo.

mejores opticas en arteixo

Mellores ópticas en Arteixo – Balneario Visión

Susana Cabanas e o seu equipo son membros de OPTRETINA, polo que se na túa familia tes antecedentes de glaucoma ou queres descartar unha retinopatía diabética, visita Balneario Visión en Avda. do Balneario, nº 24, baixo. Por suposto, tamén contan con esas marcas de gafas que necesitas, pero tamén marcas internacionais que todavía non coñeces. Aproveita agora a facelo.

Mellores ópticas en Arteixo – General Óptica Arteixo

General Óptica Arteixo atópase na rúa Ángel del Castillo López 1 baixo. Visita esta óptica se non tes claro que gafas novas comprar e precisas dun servizo de asesoramento persoal para axudarche. Ademais, tamén poderás facer esa revisión auditiva que levas tempo retrasando.

Aproveita este mes para cambiar de look nas mellores ópticas que temos en Arteixo. Se o fas antes do 31 de marzo poderás obter un 15% en productos de beleza e ata un 50% en gafas de sol. Aproveita esta promoción e desfruta mercando en Arteixo, nós desfrutamos moito de que elixas ós nosos comercios para as túas compras.

Por | 2018-03-15T21:03:24+00:00 15-03-2018|Comercios en Arteixo, Ocio Arteixo, Opticas en Arteixo|0 Comments
X