En Arteixo temos unha zapataría para as necesidades de cada persoa. Ben desexes mercar un calzado deportivo das principais marcas, un zapato clásico o un para o teu fillo ou filla, visita os comercios que recomendamos a continuación e atoparás o que precises.

Mellor zapataría en Arteixo para dona e cabaleiro – Calzados Pasos

María Lucía ten na súa zapataría unha estupenda colección de zapato clásico para el e ela, botíns de calidade e zapatillas de marca. Actualizan os seu inventario en función da tempada do ano para ofrecer os últimos modelos de Camper, Pedro Miralles, Hispanitas, Fluchos, Geox, Martinelli, Diesel, CallagHam. Se apostas por un zapato perfecto, visita Pasos.

Mellor zapataría de Arteixo para os que aman o deporte – In Off

Agora que está o verán tan preto é o mellor momento para mercar zapatillas de deporte para dar longos paseos á beira da ría, comezar a facer footing ou baloncesto ó aire. Pero os seus modelos de Adidas originals, Le Coq Sportif, Clae, Fred Perry, Saucony, NB e Asics non só serven para correr, tamén para usalos como complemento da roupa que podes mercar nas mellores tendas de moda de Arteixo.

mejores zapaterias en arteixo

Mellor zapataría en Arteixo para zapatos de neno – Dous Andares

Rematamos esta selección co calzado para as e os máis pequenos da casa. En Dous Andares atoparás, entre outras, as marcas Camper, Geox, Beberlis, Piulin; Clarys Converse. En Dous Andares saben que nestas idades é moi importante elixir uns zapatos resistentes, que lles deixen xogar, correr e tamén pisar ben, para evitar posibles problemas de espalda cando crezan.

Cando visites a zapatería Dous Andares, pregúntalle a Ana García cal é o mellor calzado para o teu neno ou nena pola súa actividade. E xa que estades na tenda, aproveita a oportunidade para botar un ollo a súa selección de zapatillas para andar pola casa.

Así que xa sabes, se queres renovar o teu calzado, visita Arteixo.