Arteixo ten unha ampla oferta de servizos para ti, dende talleres para o teu coche ata os mellores servizos de hostalaría. Arteixo Centro Comercial Aberto é moito máis que un centro comercial, posto que é toda unha cidade de servizos esperando por ti. O teito é o ceo de Arteixo e non hai paredes, só Arteixo con todas as súas posibilidades.

Arteixo Centro Comercial Aberto nace da crenza firme na valía do comercio local, de cómo os negocios de hostalaría, de moda, de lencería, de saúde, de estética ou de talleres entre outros, dunha cidade, de Arteixo, son capaces de configurar un lugar tan ou máis interesante que un centro comercial tradicional.

“Arteixo Centro Comercial Aberto ten todo o que precisas para unha tarde perfecta.”

Os socios do Arteixo  Centro Comercial Aberto teñen os seus propios negocios e néganse a perder a súa identidade como negocio local, de barrio. As tendas tradicionais non queren deixar atrás a personalidade que as fixo medrar, nin convertirse en cadeas e negocios sen alma, por iso congregánse baixo unha marca: Arteixo Centro Comercial Aberto: Arteixo CCA . Xuntos, facemos moito máis que protexer a nosa identidate e a economía do noso pobo: creamos unha nova identidade e forza económica e social como un todo novo e á vez tradicional; e levamos así dende o 2009.

 

Gracias á nosa unidade, apoiámonos entre todos, sendo capaces de ofrecerche a mellor oferta de servizos. Saberás por que vés a Arteixo, pero non todo o que levarás gañado cando marches. Quizáis chegues a Arteixo por un problema de vista, visitando os profesionais da óptica de Balneario Visión, ou de Ópticas Romay  pero que descubras que Arteixo Láser ofrece un “Masaje Solidario” a cambio de alimentos para unha ONG, ou o seu pack de cinco masaxes por 50 € e que decidas quedarte a disfrutar dos seus coidados.

“Hostalaría, masaxes, ópticas… e todo o que queiras telo en Arteixo.”

E que mellor maneira de rematar a tarde que tomando unha caña, un pincho ou o que che apeteza nalgún dos nosos moitos locais de hostalaría, como o Bata de Guata, un precioso local inspirado no retro.

Arteixo ten moitísimo que ofrecerche, a ti e os teus seres máis queridos. O centro comercial aberto sempre ten as súas portas abertas para ti. E se tes un negocio e queres formar parte do Arteixo Centro Comercial Aberto, so tes que poñerte en contacto con nós. Esperámosvos.