Buscando un anel de voda en Arteixo para a túa parella?

Buscando un anel de voda en Arteixo para a túa parella?

En verán aumentan as peticións para casar, non o sabías? Pois así é. Coa chegada do sol e o bo tempo, as parellas anímanse máis a pór o xeonllo no chan, preparar un bo plan para a pedida e declararse. Lembra que estamos en pleno ano 2018, non tes por que agardar a que el dea o primeiro paso, ti tamén podes animarte a proporllo se a túa parella é demasiado tímida.

Mercar o anel perfecto de voda en Arteixo

Recomendámosche visitar ‘Joyería Barca’. Nesta xoiaría, que xa leva un monte de anos ó noso lado, aconsellaranche cal pode ser o mellor anel para dar o importante paso. Pero lembra que aínda que Manuel Barca e o seu equipo poidan dicirche cal é a moda en aneis de compromiso desta tempada, tes que escollelo en función do que máis lle guste á túa parella.

Hai dous tipos de aneis que adoitan ter sempre éxito. O primeiro é o clásico corte Tiffany. Se non o coñeces, estamos a falar dunha peza de diamante coroando un fino círculo de ouro branco. A xoia pode ir engarzada de distintos modos, pero o principal é mediante unhas sinxelas barriñas que realzan a beleza da pedra.

Anillos de compromiso modernos

Na Joyería Barca saberán aconsellarte para acadar o anel perfecto

O outro tipo de anel de voda que funciona moi ben é o de estilo retro con toques bohemios. Estamos a falar dun conxunto de pedras cun engarce máis sofisticado e con maior peso. O anel tamén e máis grande para que sexa cómodo levalo. Aquí tes varias opcións, escoller pedras con cor ou proseguir co clásico diamante.

Por suposto, ista é unha opción máis arriscada pero que é das máis elixidas no 2018. Agardamos que estas dúas opcións séxanvos de utilidade para sorprender á vosa parella. En joyería Barca atoparedes estes aneis ademáis doutras opcións. Sorte coa pedida!

X