Se vives en Arteixo ou na zona de A Coruña e pensas en casar este verán, é mellor que teñas xa de man un bo fotografo de voda. Nos aconsellámosche un ao que lle temos moito aprecio, un dos nosos socios máis artísticos: Estudio M Fotografía.

Se andas na procura dun fotógrafo de voda en Arteixo podes pedirlle un presuposto sen compromiso, quedar con el e contarlle o teu proxecto. O seu estilo é un que gusta de traballar coas luces e as texturas, acadando unha imaxe con moito corpo, personalidade e sacando a vosa mellor cara.

En Estudios M traballan do seguinte modo: o fotógrafo quedará con vós, coñécevos e saca algunhas instantáneas para plasmar os vosos sentimentos días antes do enlace. Unha vez no evento, o fotógrafo de vodas de Estudios M quedarase cos momentos máis especiais, cos vosos sorrisos, bicos e agarimos, pero tamén con todas as monerías dos invitados, as gravatas na frente, os bailes desbocados… e todo iso o teredes nada máis voltar da Lúa de Mel!!

fotografo de vodas en arteixo

Contacta co fotógrafo de voda favorito de Arteixo – 981 63 39 50

Estudios M Fotografía apostan pola calidade na imaxe e no servizo. Por suposto, o seu traballo ten un prezo moi competitivo, pero nunca rebaixado a costa de sacrificar esforzos en que a túa voda saia perfecta, que é o importante. E posible que á hora de buscar un fotógrafo de voda intentes aforrar todo o que poidas, pero recomendámosche que desconfíes dese amigo que saca moi boas fotos ou de supostos profesionais sen experiencia.

Contacta sen compromiso cos fotógrafos de voda en Arteixo Estudios M Fotografía chamando o número de teléfono 981 63 39 50, e como che diciamos ao principio deste artigo: bule! Os fotógrafos de voda bos xa teñen case todo o calendario de verán ocupado, así que cruza os dedos para que en Estudios M teñan data para ti (ti di que vas da nosa parte).