Coida – T 2017

COIDA-T e NEUROMOTÍVA-T con Arteixo CCA
E o Comercio  “Neuro-Saudable”

Nesta nova edición da campaña de Hábitos de Vida Saudable “CÓIDA-T co CCA”, o pequeno comercio de Arteixo quere sementar sanos costumes para unha BOA SAUDE CEREBRAL dos veciños de Arteixo e contribuir a través dos Comercios Neuro-Saudables.

Para manter san ao cerebro é preciso coidar a alimentación, o exercicio cerebral e a parte emocional. Así que… a saúde do noso cerebro depende dos alimentos que inxerimos e do exercicio que faga (igualiño que os músculos). Por iso imos practicar a neuróbica, ou “aerobic para as neuronas”, unha ximnasia baseada na realización de exercicios que favorecen novas conexións neuronais no cerebro para mellorar o seu rendemento. Os seus principios básicos son: o movemento, a vinculación hemisférica e a coordinación mente-corpo. Coa neuróbica, axudamos ao cerebro a rendir mellor e previr o envellecemento prematuro.

Con esta finalidade, do 1 ao 17 de Xuño, teremos a disposición dos clientes a  XINCANA NEUROMOTÍVA-T con Arteixo CCA. Nesta curiosa xincana, que ubicará as súas probas en establecementos “Neuro-saudables”: ópticas, fisioterapeuta, librarías, xoguetería, peixería….”. Os veciños e visitantes de Arteixo poderán visitar estas tendas para tratar de superar as probas da xincana e obter “Neuro-Rifas” para o sorteo de 3 premios de 50 € en vales de compra, que se realizará o día 17 de xuño ás 13 horas na Avda. do Balneario.

Estas son os 12 establecementos Neurosaudables do CCA onde poderán xogar e conseguir neuro-rifas:

  • ARCEFI: Arteixo Centro de Fisioterapia
  • Óptica ROMAY
  • Óptica BALNEARIO VISIÓN
  • Peixería BOTERO GUNDÍN
  • Librería MARINA
  • Librería MINA
  • Xoguetería DON DINO
  • SABORPLACE, alimentación ecolóxica.
  • Larpeiradas XIANA
  • NÁTTEX, mobles de descanso.
  • Seguros RACC
  • PISCINA MUNICIPAL DE ARTEIXO

Pero se queres saber máis sobre como coidar do teu cerebro, convidamos a todo o mundo a participar na nosa conferencia masterclass, e en 2 obradoiros na rúa!!!

O Mércores 7 de Xuño de 19 a 21 horas, celebraremos unha MASTERCLASS sobre SAUDE E XIMNASIA CEREBRAL no Auditorio do Centro Cívico Cultural, no que falaremos do cerebro, ese órgano que é o único non transplantable, imprescindible para falar, camiñar, estudar, traballar, comer ou amar. Ese órgano que é un grande CONSUMIDOR!! xa que arrampla co 20% do osíxeno e o 25% da glucosa total do corpo. Falaremos de como ter un cerebro sano e xoven por máis tempo e aprenderemos moi sanas costumes para unha BOA SAUDE CEREBRAL, que nos axude a prevenir demencia e alzheimer, a ter máis axilidade mental, mellor memoria, e ata mellor humor!!

Os Sábados 10 e 17 de Xuño, de 11:30 a 13:30 horas celebraremos un OBRADOIRO PRÁCTICO DE XIMNASIA MENTAL E NEURÓBICA na Avda Balneario, para divertirnos xuntos e aprender entretidos xogos e practicas cos que entrenar o noso cerebro tódolos días.

Remataremos a campaña celebrando o sorteo de 3 premios de 50 € o sábado 17, ás 13 h na Avda. do Blaneario.

RESUME DE ACTIVIDADES:

1.- Do 1 ao 17 de Xuño: XINCANA DE PROBAS NEURO-SAUDABLES. Establecementos Neurosaudables do CCA.

2.- MÉRCORES 7 XUÑO: MASTERCLASS SOBRE SAUDE E XIMNASIA CEREBRAL. 19 a 21h. Auditorio Centro Cívico.

3.- SÁBADOS 10 e 17 XUÑO: TALLER PRÁCTICO DE XIMNASIA MENTAL E NEURÓBICA. 11:30 a 13:30 h. Avda. Balneario.

4.- SÁBADO 17 XUÑO: SORTEO DE 3 VALES DE COMPRA DE 50 €. 13 h. Avda. Balneario

Coñeces aos gañadores do sorteo da campaña “Cóida-T e NeuroMotíva-T con Arteixo CCA”??
 
Pois aquí os tes: Son Gabriel Baís Pérez, Paula Fernández Doval, e Fernanda Canlejo Gago!! Noraboa aos tres, a desfrutar deses 50 € para uso nos Establecementos NeuroSaludables de Arteixo. 
 
Grazas a todos por participar nunha campaña máis de Arteixo CCA, e por seguir apoiando a economía local!!
Por | 2017-06-21T11:06:46+00:00 31-05-2017|Uncategorized|0 Comments
X