Viñoteca O Refuxio 2017-03-28T13:02:24+00:00

Project Description

Viñoteca O Refuxio

vinoteca-refuxio-logo

Estamos en:
Paseo do Balneario, nº 6, baixo (Arteixo 15142)
981 601 330
José M. Veira Martínez
Email
Facebook

Local moderno situado aos pés do paseo fluvial de Arteixo a uns poucos metros do balneario e da rúa peonil, cun decoración moderna, ten gran variedade de viños que serven por copas e rotan cada semana, habendo cada semana 3 viños tintos e 3 brancos para degustar sempre acompañados dunha tapita cortesía da casa, cuxos prezos oscilan entre 2,5 € e 3 €.

A carta consiste nunha gran variedade de ensaladas ou embutidos de entrantes, para logo continuar con revoltos (elaborados con ovos caseiros) porcións de croca, croquetas caseiras, pizza ourefuxio, raxo e un longo etcétera.

Ademais do comentado anteriormente para picar sempre pódense degustar a gran variedade de tostas, debe haber na carta sobre máis de 12 tipos, algunhas das cales foi o que probamos na nosa última visita e cuxo prezo oscilan entre 2,5 € e 4 €, son contundentes e elaboradas.

Horario

Martes a domingo: 11:00 – 16:30 / 19:00 – 00:00

X