Como estar máis guap@ cada día vivindo en Arteixo

/, Comercios en Arteixo, Opticas en Arteixo, Restaurantes en Arteixo/Como estar máis guap@ cada día vivindo en Arteixo

Como estar máis guap@ cada día vivindo en Arteixo

En marzo comeza o mes da beleza en Arteixo. Facendo as túas compras en establecementos socios de Arteixo Centro Comercial Aberto poderás obter ata un quince por cento de desconto en perruquería, cosmética e estética. Sabendo isto, como podemos estar máis guapos ou guapas cada día grazas ós pequenos comerciantes en Arteixo?

Para ser fermoso por fóra hai que estar san por dentro

Antes de preocuparte polo teu peitado, coida a tu alimentación. Cambia toda esa carne que comes a diario polos excelentes peixes que podes mercar en Pescadería Botero Gundín. Recorda que comer entre semana peixe azul reducirá o teu colesterol. Combina unha boa peza de atún coas froitas e verduras de Sabor Place, e deixa os caprichos que serven os mellores restaurantes de Arteixo para a fin de semana.

Cultiva a mente lendo novelas, ensaios e grandes historias

A beleza non é só física, tamén é intelectual. En Arteixo tes duas estupendas librarías: Librería Mina e Librería Marina, e por que mercar aquí os teus libros e non en Amazon? Pois porque tanto Silvia como Marina aconsellaranche das últimas novidades, charlarán contigo do máis vendido e incluso axudaranche a saber que libro agasallar a esa persoa especial. Iso non o tes en internet, só no pequeno comercio, e é algo que non ten prezo.

Se o teu é máis a creación que a lectura, visita Luz Ferro, un estupendo obradoiro de artesanía.

opticas arteixo

Coida o teu corpo, a túa visa e o teu peitado

Chegamos ós toques finais para estar máis guapa ou guapo cada día. Visita o centro óptico Balneario Visión poderás examinar a túa vista e oído, cando confirmes que todo está correcto, bota un ollo a General Óptica Arteixo para elixir unhas gafas novas.

Rematamos esta ruta da beleza por Arteixo con Peluquería Imagen. Ó carón de Elena non só poderás conseguir o peiteado máis adecuado para ti, Tamén unha sesión de solarium para darte unha pouca de cor. Completa estes consellos visitando as nosas tendas de moda e non existirá corazón que se che resista. En marzo, toca coidarse.

X