Como fidelizar aos teus clientes de balde

/, Bares Arteixo, Comercios en Arteixo/Como fidelizar aos teus clientes de balde

Como fidelizar aos teus clientes de balde

Sabes que é moito máis barato facer que cinco clientes volvan que gañar un só cliente novo? Así é, e o xeito de acadar esa fidelización dun xeito barato é empregando as redes sociáis, a Google e todas as ferramentas que permiten conectar cos teus potenciáis compradores por internet.
O día dous de novembro as 21:00 organizamos unha sesión de encontro de comerciantes de Arteixo con profesionáis do marketing online; o motivo? Darvos as claves para empregar as redes sociáis ao voso favor para que os vosos clientes volvan. O uso de facebook serve para manter o contacto coas persoas que mercaron no voso establecemento, con instagram podedes contar as vosas historias para cautivar á vosa audiencia potencial.
A través de linkedin é sinxelo iniciar conversas con profesionáis que demandan os vosos servicios e con twitter poderás estar o día do que precisa o teu público. O mellor destas ferramentas é que poderás usalas con éxito aproveitando os ratos libres, cun chisco de planificación e estratexia. O día dous de novembro falaremos de cómo fabricar charlas atractivas para que os teus clientes desexen volver a experimentar a vosa proposta, para que consideren o voso establecemento como un dos seus favoritos e para que vos recomenden aos seus amigos.

gestion-redes-sociales

Como fidelizar aos teus clientes de balde? Coas redes sociáis

O emprego combinado destas canles con Google Local, Youtube e outros, permitiranvos crear a vosa voz en internet, e ainda que non o creades, cunha boa imaxe virtual poderedes competir cos máis grandes. Vós sodes de Arteixo, sodes a voz dun pobo, dun vecindario, tedes unha experiencia que transforma os vosos negocios en algo único, agora toca plasmar esa voz en internet.
Tanto se sodes xerentes dunha librería, dun bar, dunha tenda de roupa para nenos ou dunha tenda de decoración, en Arteixo Centro Comercial Aberto queremos acompañarvos por novos camños vomo o de levantar a túa rede por internet e a empregala correctamente. Preme nesta ligazón para obter máis información e aprender como fidelizar aos teus clientes cun pouco de esforzo e unha inversión controlada.

X