De tapas e tendas por Arteixo

Nesta ocasión, os 12 locais de Hostalería participantes, asistiron en Xuño a un Curso de Cociña de Tapas Creativas, e neste concurso van demostrar o que aprenderon, coidando máis que nunca o sabor e a presentación das suas tapas. Na busca constante de mellora e profesionalización, non só poñen o foco na cociña, senon que esta edición do Concurso, engade un novo premio e categoría que os clientes poderán votar. Ademáis de votar a mellor tapa, os consumidores valorarán o local que ofrece o mellor servizo de sala, e será Coca Cola quen patrocine este premio ao “Mellor Servizo”, na sua liña de apoio á formación e mellora continua dos locais de hostalaría, como é patente por exemplo nas suas plataformas www.bartalentlab.com, ou en hostelería #porelclima.

Así os clientes do concurso, saborearán deliciosas tapas, votarán a sua tapa favorita, o mellor servizo, e unha vez máis, por participar, entrarán no sorteo de 2 premios de 150 € y 1 premio de 300 €.

Pero ainda hai máis novidades. O concurso nesta ocasión prolongarase durante 2 fins de semana, do venres 25 ao domingo 27 de agosto y do 1 ao 3 de septembro, e nesta segunda fin de semana coincidirá coa Feria de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” y cun roteiro de “Tendas na Rúa”, así que será un momento fabuloso para pasear polas rúas de Arteixo, de bar en bar, vendo bos coches e de tenda en tenda, aproveitando as ofertas dos postos nas rúas peonís. De ahí o novo eslogan: “De Tapas e Tendas por Arteixo”,

Polo demáis, como sempre: contas coa APP “Quedamos de Tapas” para enterarte de todo e chegar a todas partes sin perderte en ningún cruce,  bo ambente, boa comida, boa bebida e 2 fins de semana nos que non falta de nada: Tapas, Coca Cola, Coches, Moda, Premios… todo nunha cocteleira de luxo como é a localidade de Arteixo, a 15 minutos da Coruña, con grande facilidade para aparcar, e unhas rúas peonís e un paseo fluvial para disfrutar do ambente.

Apunta!! Ir “De Tapas e Tiendas por Arteixo”, do 25 ao 27 de Agosto e do 1 ao 3 de Setembro.

 

Prema aquí para ver o mapa máis grande

Locais gañadores

Viñoteca O Refuxio e Arume Arpadao

 

Nesta edición do concurso de tapas participaron 12 locais de hostalaría: 40 y Tantos, A Tosta, O Mesón do Caramuxo, Bajo Trece, Bata de Guata, Castelao, Play, Ek Chuah, Ivi, O Petisco, Viñoteca o Refuxio e Arume Arpado.

Son os que asistiron previamente a un Curso de Cociña de Tapas Creativas e os que puideron organizarse para dar o servizo do concurso durante duas fins de semana consecutivas, cousas que non lles resultan doadas aos hostaleiros e que supuxeron cambios con referencia aos 10 concursos anteriores. Os hostaleiros asociados viñan falando destas duas ideas dende hai máis dun ano, e decidiron introducilas nas xuntanzas organizativas previas ao Concurso, coa finalidade de seguir mellorando o servizo prestado e aportar aire fresco a un concurso que están seguros de que se manterá no tempo grazas ao esforzo de mellora continua da calidade e das novidades, lonxe de deixarse morrer de éxito e rutina.  

Cando se lles pregunta se manterán este sistema  na próxima edición, din que o decidirán como sempre, na xuntanza que farán de novo tódolos hostaleiros asociados para prepa

Cando se lles pregunta se manterán este sistema  na próxima edición, din que o decidirán como sempre, na xuntanza que farán de novo tódolos hostaleiros asociados para preparar o seguinte concurso. Que dende logo están encantados co aprendido no Curso de Cociña e queren seguir fomándose e que a experiencia de 2 fins de semana de concurso foi moito máis cómoda para clientes e profesionais, pero que cada edición pode ser unha sorpresa e en calquera caso, inclue as ideas votadas pola maioría dos socios. Así que non nos desvelan nada aínda…

rar o seguinte concurso. Que dende logo están encantados co aprendido no Curso de Cociña e queren seguir fomándose e que a experiencia de 2 fins de semana de concurso foi moito máis cómoda para clientes e profesionais, pero que cada edición pode ser unha sorpresa e en calquera caso, inclue as ideas votadas pola maioría dos socios. Así que non nos desvelan nada aínda…

Nesta ocasión o premio á Mellor Tapa para o Xurado Popular foi para o Coulant de Polbo de Viñoteca O Refuxio.

Mentres que a Mellor Tapa para o Xurado Profesional foi para a tapa “Polo Saco” de Arume Arpado.

Este último local, foi galardoado tamén co Premio ao Mellor Servizo – O Servizo con máis Chispa. Os premios para os bares gañadores son un trofeo e diploma, 2 botellas magnum dos viños colaboradores, e no caso de Arume Arpado como gañador do premio ao Servizo con máis Chispa, levará tamén un lote de rpoductos Coca Cola.

As tapas mellor valoradas polo público, despois da do Refuxio, foron as do Castelao, A Tosta, Arume Arpado e 40 y Tantos. E o servizo mellor valorado, despois do de Arume Arpado foi tamén para Castelao, 40 y Tantos, Viñoteca O Refuxio e O Petisco.

Pero unha das peculiaridades deste Concurso é que hai premios para os clientes que actúan como Xurado Popular. Nesta edición sorteáronse entre tódalas papeletas co voto: 4 botellas magnum de Viño Torre La Moreira e 4 Magnum de Regina Viarium, 2 premios de 150 € e 1 premios de 300 €. Ademáis fixéronse 2 accésits de 50 € cada un, para as persoas que fixeron o roteiro completo, probando as 12 tapas concursantes. Ademáis aínda está previsto repartir outros 4 premios de 50 € cada un, entre os clientes que visiten os próximos 10 días os 2 locais gañadores: Viñoteca O Refuxio e Arume Arpado. Entre os clientes gañadores desta edición atópanse 2 persoas que disfrutaron do roteiro mentres estaban de vacacións de verán en Arteixo, como é o caso de Silvia Fuertes de León, afortunada con 150 € en vales de compra para usar en calquera dos 75 establecementos asociados ao CCA, e que está encantada, planificando xa unha nova escapada ata Arteixo a disfrutar do seu premio. Tamén dende Madrid Rosa Martín Herrero, localizou a un amigo de Arteixo que lle recollese a Botella Magnum de Torre la Moreira que lle tocou neste sorteo e lle dicía por teléfono: “Guárdamela bien, y brindamos para celebralo en las próximas vacaciones, que volvemos a Arteixo ¡seguro!!” Máis sorpresa levaron aínda, se cabe, Esther Castro e Mª José Romero. As duas fixeron o roteiro completo e probaron as 12 tapas. A organización ao ver os selos dos seus roteiros, decidiron unánimemente premialas de xeito directo cun accésit de 50 € para agradecer como se volcaron e disfrutaron do Concurso. Ademáis sementaron a idea de para seguintes concursos, facer un sorteo extra entre os clientes que fagan o roteiro completo.

Por | 2017-09-12T10:43:19+00:00 21-08-2017|Uncategorized|0 Comments
X