Descontos que fan os negocios do CCA aos Colectivos:

Arteixo Centro Comercial Aberto, dende hai anos, ven asinando convenios de colaboración para aplicar descontos a diferentes colectivos, como por exemplo coas ANPAS dos colexos do Concello, coa Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN), ou cos propios compañeiros socios do CCA. Todos eles xa disfrutan de descontos en moitos dos nosos comercios.

Así mesmo, Arteixo Centro Comercial Aberto, ven de renovar o seu convenio de colaboración coa Piscina Municipal de Arteixo, e de ampliar os ámbitos de colaboración. Unha das novidades que incorpora o convenio para 2016, é que tamén os abonados da Piscina Municipal, contan con descontos en moitos dos nosos establecementos.

Así que lembra, se formas parte dalgún deste colectivos, non saias de compras sen o teu carné; e se queres saber onde podes disfrutar de descontos e en que consisten, pincha no listado da túa asociación ou colectivo e empeza a aforrar cada día en Arteixo.

ANPA – Asociación Nais e Pais de Alumnos

AGAFAN – Asociación Galega de Familias Numerosas

PISCINA MUNICIPAL

 

Convenio de Colaboración entre Arteixo Centro Comercial Aberto y Conversia

Para máis información clik aquí