A asociación de comerciantes “Arteixo, Centro Comercial Aberto” continúa coas suas campañas que mesturan o comercial co cultural, o lúdico e o social, contribuindo á ampla oferta municipal do pobo.

 
Acabamos de despedir aos Bolechas e Pepe Carreiro, que nos visitaron con motivo do día do Libro, e estamos xa inmersos nos preparativos das campañas de Maio e Xuño: o Día da Nai, e a campaña de Hábitos de Vida saudable “Cóida-T co CCA”.
 
Así dende estes últimos días do mes de abri, con tódalas compras nos establecementos do CCA, pódense conseguir pases para subir nos hinchables que se instalarán o venres 5 de maio nas rúas do pobo para festexar o Día da Nai. 
 
O máis importante é que estes hinchables non son só para os nenos, porque non celebramos o día do neno senón o día da nai. O que queremos é que se divirtan as mamás que queiran, xunto cos seus fillos e fillas, xogando xuntos no toro mecánico, no tobogán, facendo unha carreira nas gomas elásticas do bungee, ou no hinchable pista de obstáculos. 
 
Utilizando o pase que se consigue nas tendas asociadas poderán por suposto subir nenos sós, ou co seu pai, ou tía ou padriño, ningún neno ten porque que quedar sin xogar porque a sua nai esté de viaxe, traballando ou cun pé escordado, por exemplo, pero o que queremos favorecer é que nais e fillos participen xuntos e premialo con palomitas e cunha foto profesional impresa no noso fotocall.
 
Tamén teremos para uso libre de todo o mundo unha colección de xogos populares a carón de cada proba do circuito. 
 
Así que xa sabedes, esta semana e a que ven, coas compras nos establecementos do CCA (bares, tendas, sector servizos) pide o teu pase para subir nos hinchables con mamá o venres 5 de maio pola tarde!!
 
 
 AVANCE programa de xuño:
 
A primeira quincena de xuño, tamén teremos citas co CCA, xa que a campaña de hábitos de vidas saudable “Cóida-T co CCA” este ano estará adicada á saude do noso cerebro. Como?? pois cunha charla masterclass e con 2 obradoiros na rúa nas que nos ensinan a facer ximnasia coas nosas neuronas, mellorar a nosa memoria, coordinación e axilidade, retrasar o envellecemento… Estas actividades estarán reforzadas ademáis cunha xincana de probas distribuidas en diversos comercios “NEURO-SAUDABLES” e aqueles que complenten ese circuito de probas para a súa axilidade e coordinación neuronal, poderán gañar estupendos premios como xa nos ten acostumbrados esta asociación de comerciantes.  Tocará estar atentos a finais de maio, á información sobre estas actividades: “Cóida-T e Neuromotíva-T con Arteixo CCA”