Día do Libro: VEN AO CONTO DO CCA

//Día do Libro: VEN AO CONTO DO CCA

Día do Libro: VEN AO CONTO DO CCA

 

Os Bolechas visitan Arteixo

Para festexar o día do Libro, o CCA contará cun posto de venda de libros na praza do Balneario o venres 21 de Abril de 17 a 20 horas, a cargo das Librerías Mina e Marina, e das Xogueterías Don Dino e Sodapop.

E ademáis nunha data tan importante, o CCA ten o pracer de dar a benvida en Arteixo aos Bolechas e ao seu creador, o autor Pepe Carreiro, o VENRES 21 de Abril pola tarde.

Os Bolechas farán un pasarrúas polo pobo, visitando distintos comercios asociados, como podedes ver no flyer do percorrido. (pincha aquí)

Ao mesmo tempo, Pepe Carreiro impartirá un obradoiro de debuxo nunha carpa na Praza do Balneario, para a cal precisades unha entrada que podedes conseguir nas librerías Mina e Marina ate esgotar existencias. (+ info pincha aquí)

Ao remate do obradoiro Pepe firmará libros a todo aquel que o desexe.

Unha tarde de luxo para homenaxear e desfrutar dos libros do xeito máis divertido e participativo!!

 

Un día moi especial

Os Bolechas foron “de tendas” por Arteixo. Percorreron todo o pobo acompañados polos nenos e polos non tan nenos, da man, sacándose fotos …. que boa tarde pasamos en Arteixo o venres 21 de abril festexando o día do Libro co CCA e os Bolechas.
 
O pasarrúas remataba na Praza do Balneario sobre as 19:30 horas, e ata esa hora estivemos pasándoo xenial con Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, que nos ensinou como debuxar un gato, pero tamén como debuxar a Carlos Bolechas e outros persoaxes dos seus libros, e alucinades o ben que o facían aos nenos e nenas. E que con bo mestre e bos alumnos….. claro!!!
 
Nesta carpa os Bolechas saudaron aos nenos do obradoiro de debuxo, sacáronse máis fotos, e Pepe asinou libros a moreas!!
 
Tamén durante toda a tarde, festexamos o día do libro mercando libros en plena praza do Balneario, da man de Librería marina, Librería Mina e as Xogueterías da Travesía de Arteixo: Don Dino e Sodapop. 
 
Para rematar con máis agasallos, sorteamos 3 premios de 40 €que levaron Silvia, Noa e Christian. Noraboa!!
 
Foi unha tarde de sol, de amigos, e de libros super-completa!! Grazas a todos os participantes!!

NA PRAZA DO BALNEARIO

OBRADOIRO CON PEPE CARREIRO

GAÑADORES DO SORTEO DO DÍA DO LIBRO

Christian
Silvia e Noa
Por | 2017-04-26T13:15:48+00:00 10-04-2017|Uncategorized|0 Comments
X