E se cambias de coche no 2017? Coñece os nosos concesionarios e compra-vendas!!

/, Feira do Vehículo de Ocasión Arteixo, Ocio Arteixo, Talleres Arteixo/E se cambias de coche no 2017? Coñece os nosos concesionarios e compra-vendas!!

E se cambias de coche no 2017? Coñece os nosos concesionarios e compra-vendas!!

Nos nosos concesionarios en Arteixo poderás atopar ese coche que procuras. O teu xa está vello? Precisas un vehículo con máis espazo? Máis pequeno? Que funcione mellor? Ou quizáis tan só tes ganas de cambiar? Sexa pola razón que sexa, nos nosos concesionarios e compra-vendas poderás facerte co vehículo que buscas nas mellores condicións.

Mercar coches por encargo en Arteixo

Laricar é un concesionario ben distinto, porque adícase á compra-venda de coches, sí, pero por encargo. Se chamas a Laricar o 981 909 274 poderás pedirlles un coche en concreto e eles traballarán para conseguilo. Para aforrar, podes venderlle o teu; non é mal plan, verdade? Achégate por Larín a coñecelos.

Venda de coches novos, seminovos e de ocasión

No concesionario da Citröen ARTE-MÓVIL en Vilarrodís, poderás atopar automóbiles por estrear ou de segunda man. O máis interesante é asegurar a calidade e coidado do vehículo, pois son servizo oficial Citröen e no seu taller podes ter todas as garantías e accesorios orixinais.

A carón de Arte Móvil, atoparás tamén a compra-venda SENRA SPORT, Víctor Senra, ademáis de ser un icono no mundo dos rallies, é un dos mellores proveedores de vehículos de gama media e alta e de vehículos de importación de segunda man. Así que se estás interesado nun bo vehículo e o mellor asesoramento, pégalle unha chamada ao 981 647 557 e di que vas da nosa parte ;).

mercar coche en arteixo

Comprar coche con financiamento en Arteixo

En D&D Automóbiles fan compra-venda de vehículos nacionáis e tamén de importación. Neste concesionario en Arteixo daranvos garante de dous años e financiamento sen entrada de ata dez. Garantizan a máxima calidade do que venden no seu concesionario grazas ás revisións que fan no seu propio taller de mecánica. Tamén podes xestionar con eles o teu seguro. Chama a David Pena ao 881 992 409 e faille as túas preguntas, e por suposto visítao, case frente a Alumán e moi preto do Rozas.

Como? Que agora dache pena deixar atrás o coche que estivo ao teu carón tantos anos? En Arteixo non só temos concesionarios, senon tamén talleres. Pásate polo Taller de DyD, ou polo de Arte Móvil para facerlle unha revisión e unha boa posta a punto.

Tamén tes á túa disposición para os servizos de Mecánica Rápida e cambio de neumáticos a Neumáticos Listauto, onde por certo tamén venden estupendos coches de ocasión a prezos moi asequibles, non o dubides! Elena e Jacinto, outro as das competicións do motor, daranche a mellor atención e servizo que poidas imaxinar!

Se o teu son os automóbiles, ven visitarnos a Arteixo, temos todo o necesario para que o poñas a punto ou para que escollas o novo coche co que facer o teu camiño no 2017.

X