En outubro TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA

/, CCA Arteixo, Fisioterapia Arteixo, Ocio Arteixo/En outubro TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA

En outubro TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA

En outubro TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA

A vida saudable é fundamental para ser feliz. Para acadar este estado é preciso alimentarse ben, facer deporte, coidar a saude e desfrutar do día, do sol e dos teus amigos. É con ese espírito co que organizamos o mes “TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA”. Durante todo o mes de outubro, a oferta de comercios e servizos de Arteixo prepárase para que disfrutes de Arteixo coidándovos.

aerobic arteixo

Sábado 1 de outubro ás 12:30 horas – Praza do Balneario, Arteixo

Vinde todos á praza do Balneario, pois faremos unha divertida sesión de aerobic para todo aquel que veña. Os monitores serán os excelentes profesionais do Centro Deportivo Municipal.

Durante todo o mes de outubro – Consegue as tuas rifas e participa!

Os socios do CCA, queren recomendarche: “TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA”, para que todos lembremos cultivar uns hábitos de vida saudable, e que dentro de Arteixo, temos un montón de comercios (asociados ou non) que nos poden axudar neste propósito.

Se durante o mes de outubro mercades en calquea dos 80 asociados: hostalaría comercio, servicios…. recibiredes unha rifa para o sorteo que celebraremos o sábado 29 de outubro ás 13 horas na praza do Balneario. Sortearemos 5 balóns de fútbol firmados por xogadores do Dépor e algún regalo sorpresa a maiores.

Tedes que encher os vosos datos na rifa e deixala na urna dun dos 5 establecementos saudables: ARCEFI (fisioterapia en Arteixo) óptica Balneario Visión, Óptica Romai, a túa Peixería en Arteixo Botero Gundín, ou na Piscina de Arteixo; tamén podedes botar as rifas na urna o mesmo día do sorteo na praza do Balneario o día 29 de outbro, entre as 12 e as 13 horas.

opticas arteixo

Grandes descontos saudables durante o mes de outubro

O mes “TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA” non podería ser posible sen os nos establecementos que apostan pola vida saudable e que apadriñan o noso evento. Estamos a falar do centro de fisioterapia en Arteixo ARCEFI, da óptica Balneario Visión e da óptica en Arteixo Romay, tres comercios en Arteixo que, xunto co Centro Deportivo Municipal son sinónimo de saude, como saude tamén é alimentarse ben, unha tarefa que representa a Peixería en Arteixo Botero Gundín. Lembrade que é fundamental incorporar peixe fresco á vosa dieta, e nesta peixería atopamos peixe fresco da mellor calidade y a un prezo espectacular.

 

Pero isto non é todo, se colledes o folleto da campaña e ides a estos establecementos, poderedes obter incríbles ofertas todo deste mes de outubro:

Fisioterapia en Arteixo ARCEFI: obtén bonos de 2 sesións por tan só 30€.

Peixería Botero Gundín: teñen o polbo de oferta, apetécevos saborear este producto mariño tan noso e tan delicioso ó mellor prezo?

Óptica Romay: consegue ata un 35% de desconto.

Óptica Balneario Visión: 20% de desconto en gafas de sol, e lentes graduadas gratis pola compra de gafas de marca.Centro Deportivo Municipal: faite cunha camiseta e vale de 10€ para compra para material deportivo.

Consulta condicións nos establecementos!!

aerobic arteixo

Sábado 29 de outubro ás 12:30 horas – Praza do Balneario, Arteixo: Deporte e SORTEO!

Sí, así é. O derradeiro sábado de outubro remataremos a nosa proposta de vida daudable en Arteixo como a empezamos: con moito deporte dirixido polos profesionais do Centro Deportivo Municipal. E a continuación da sesión deportiva, ás 13 horas, faremos o anunciado sorteo dos balóns asinados polos xogadores do Depor, e outras sorpresas que non te debes perder!

Animádevos a descubrir en outubro a grande oferta comercial e de servizos que temos en Arteixo; dende saúde, ópticas a dentistas ou fisioterapeutas, pasando polo mellor peixe, froitas e verduras, dietética, alimentos ecolóxicos, centros deportivos e un longo etcétera que sin dúbida nos da opción a manter e aumentar os nosos hábitos saudables, por iso nos animan dicíndonos: TEN VISTA! Cóida-T con Arteixo CCA.

 

X