Xa estamos en 2017 e aínda non coñeces a oferta de restaurantes en Arteixo que temos para ti? Aproveita calquera día de xaneiro para vir a Arteixo e descubrir a nosa oferta gastronómica. En Arteixo Centro Comercial Aberto temos de todo: pizzas, comida de mesón, restaurantes perfectos para tomar uns petiscos e tamén para levar a túa moza ou mozo a unha cea especial.

Encántanos que veñades a visitarnos e ser unha referencia en Galicia de zona onde comer ben e variado. En Arteixo teredes sempre unha sorpresa gastronómica agardando por vós. Hoxe queremos recomendarvos un par deles para que vos animedes a vir e facer dos nosos restaurantes uns habituáis das vosas escapadas.

Viñotecas en Arteixo O Refuxio e o Caramuxo

Aconsellámosvos probar os seus ricos revoltos cos viños da semana. Visitar O Refuxio sempre é unha sorpresa porque a súa carta de viños esta viva. Non deixedes de acudir tamén a outro local referente en Arteixo: A Vinoteca do Caramuxo.

restaurantes en arteixo

El Naranjo de Mamá Chicó

Quen non coñece o Mamá Chicó? Agora tedes que probar o novo gastrobar da firma: El Naranjo. Bo deseño de interiores e unha mellor carta, un restaurante en Arteixo ideal para sorprender á túa parella.

Restaurante de petiscos e tostas: O Petisco, A Tosta e La Ventana

Se buscas un restaurante en Arteixo para ir coa familia elixide O Petisco e escollede entre as suas variedades de pizzas e cociña caseira. O Petisco é ideal para is cos máis pequenos; e aínda mellor con amigos, claro. Se buscades un lugar coas mellores tostas non vos perdades o restaurante A Tosta, adiviñades cal é a súa especialidade? E se vois gustan as Tostas, ides ter un grande dilema cando probedes tamén as de La Ventana. Recomendable ao máximo. Non saberedes con cal quedarvos, pero sempre podedes alternar nu e noutro según os días.

Restaurante en Arteixo: 40 y tantos

En 40 y tantos no só poderedes comer ben, tamén tomar a primeira copa da noite. Recoñeceralo pola súa característica ventana circular. Moi boa cociña, excelente local e terraza, e un servizo excelente.

Pero estos son só unha pequena mostra deles, se queres tomar un rico chocolate pásate por Ek Chuah, e por Arume Arpado para tomar un exquisito café. Se buscas un plan máis informal tes que coñecer as hamburguesas de Ivi e o polo de Pimpollo. Esperamos que disfrutedes da nosa oferta gastronómica que non para de medrar, e lembrade que falta menos para o noso famoso concurso de tapas de febreiro, un certame no que os nosos restaurantes en Arteixo apóstano todo por conseguir o mellor sabor.