Hoxe queremos darvos cinco motivos para que non vos perdades a Feira de Oportunidades e do Auto-Arteixo.

cartel-feira-arteixo

 

5. Mercar restos de tempada a prezos de liquidación

O CCA de Arteixo celebrará a Feira de Oportunidades o sábado sete e o domingo oito de marzo, de dez da mañán ata as dez da noite. Terá lugar no centro da Explanada das Festas, na Avda. de Fisterra, a carón da Oficina de Turismo de Arteixo.

Todos os asistentes poderán aproveitar as condicións e prezos vantaxosos dunha feria na que os comerciantes liberan os seus stocks, liquidando restos da tempada e coa comodidade de aglutinar un grande número de comercios e productos diversos nun mesmo espacio.

4. Conseguir o coche de segunda man que precisas

Celebraremos tamén a III Edición da Feira Auto-Arteixo, Vehículos de Ocasión. Os vehículos estarán expostos nos aparcamentos que rodean a explanada das Festas, constituindo as duas feiras (Oportunidades e Vehículos de Ocasión) un “todo” compacto para ofrecer maior comodidade, variedade e vistosidade aos visitantes e clientes.

3. Poder gañar moitos premios en metálico

Haberá premios en metálico para compras nos establecementos expositores, tamén impresionantes lotes de obsequios para sair da Feira cargados de bolsas ao “Pretty Woman”, como lle aconteceu a un dos gañadores da pasada edición de setembro. Tampouco faltará a entrega do premio ao mellor stand da feira, cunha importante dotación económica para o establecemento gañador

casabela

2. Atopar os mellores prezos e servizos nun mesmo sitio

Dentro da Carpa da Feira de Oportunidades atoparemos as xa coñecidas e esperadas oportunidades de roupa e calzado infantil, de home e muller, pero moitos máis productos, como lenzaría, perfumería, estética, complementos, menaxe, mobles de descanso, electrodomésticos, seguros, artesanía, cupcakes, larpeiradas e mesmo servicio de cafetería con doces, chocolate con churros, etc.

Estas 2 feiras xuntan así a máis de 30 expositores e ocupan unha superficie de máis de 3.000 metros cadrados, para pasear, atopar productos e servizos moi variados e para todos os gustos e necesidades, mercar boas oportunidades, tomar algo e pasar un bo día.

1. Dinamizar a economía de Arteixo

Tanto a feira de oportunidades como a do Auto de ocasión promociona Arteixo. Ao ser un evento que move grandes masas de público de Arteixo e de fóra, que aproveitan para disfrutar das ruas do pobo e da oferta comercial, hostalería e de servicios existente nas mesmas.

Por todos estes motivos, e moitos máis, ¡Queremos veros na Feira de Oportunidades e na do Auto de Ocasión!