I Curso de Cociña de Tapas e Pinchos Creativos

Clausura do I Curso de Cociña de Tapas e Pinchos Creativos – Arteixo CCA. Prensa, fotos, diplomas e moitas moitas tapas super-sabrosas e apetitosas. 
 
O mércores 21 de Xuño clausuramos na cociña do Centro Municipal de Formación Ocupacional de Vilarrodís, o I Curso de Cociña de Tapas e Pinchos Creativos Arteixo CCA, impartido por Carmelo Sanjurjo, profesor de Cociña e Pastelería no CIFP Paseo Los Puentes. Entregaron diplomas a presidenta do CCA, Silvia Cupeiro e á Concelleira de Emprego e promoción Económica, Patricia Amado.
 
Tras case 30 horas de formación, os hostaleiros teñen unha chea de ideas e novas técnicas para sorprender aos clientes no XI Concurso de Tapas por Arteixo de Agosto e cada día. 
 
Grazas ao profe Carmelo Sanjorge e noraboa aos 20 alumnos de locais como O Petisco, Ivi, Bata de Guata, 40 y Tantos, Naranjo de Mamá Chicó, La Ventana, Castelao, A Tosta, Arume Arpado, Caramuxo, Ek Chuah, Play e O Refuxio.

Tapas y Pinchos creativos

Diplomas

Por | 2017-06-23T11:30:31+00:00 23-06-2017|Uncategorized|0 Comments
X