Sabemos que é común que nestas datas se faga o amigo invisible entre colegas ou compañeiros de traballo. É un modo sinxelo e barato de facer regalos de nadal para toda a oficiña ou se sodes moitos amigos nun mesmo grupo. Se che tocou alguen que non coñeces demasiado e nos sabes que regalarlle, aquí van unhas ideas para acertar cos nosos comercios en Arteixo.

Pack de productos saudables de Sabor Place

Gustalle comer ben? É aficionado aos productos ecolóxicos? Entón visita Sabor Place para mercar unha cestiña coas especialidades desta tenda de alimentación de comestibles de primeira calidade e con todo o sabor das cousas máis naturais. Cando cheguedes a Sabor Place pedide consello para facer un saboroso agasallo para o voso amigo invisible e acertaredes.

Unha peza de artesanía de Arteixo con Luz Ferro

Ao teu amigo invisible gustalle a arte e a artesanía? No taller de Luz Ferro teñen obxectos preciosos no que o coiro é o protagonista. Un moedeiro ou unha billeteira é un éxito seguro. É moi común que un non renove a súa carteira, así que aí tes unha oportunidade de ouro para facer un agasallo útil e precioso.

Unha sesión de fisioterapia en Arteixo con Arcefi

Se o teu colega ou compañeiro de traballo non para de queixarse do lombo esta é a túa oportunidade. Chama a Arcefi e pídelles un pack de masaxes especial para oficinistas. Tras un par de sesiones cos profesionáis deste centro de fisioterapia en Arteixo quedará como novo.

Un vestido para un recién nacido en Rebulir, moda infantil

Se a quen lle vas a facer un agasallo acaba de ser pai ou nai, chama a Anabel de Rebulir, visita a súa tenda e pregunta polas súas novidades. De seguro ten algo para que conquistes ao teu agasallado.

Pero isto non é todo, en Arteixo temos unha gran colección de restaurantes perfectos para festexar o Nadal e darvos os agasallos, tendas de roupa para home e muller, de xoguetes, libros e de todo o que se vos ocorra. Ó mercar en Arteixo Centro Comercial Aberto non so regalarades un obxecto ou unha experiencia, tamén estaredes levando convosco un pedaciño da nosa terra. Feliz Nadal.