Nas librerías en Arteixo que forman parte de Arteixo CCA poderás facerte cos teus libros favoritos. Deixamos atrás o mes da saúde; pero como dixemos no anterior artigo, coidarse non e só unha cuestión de facer exercicio, tamén de coidar a autoestima e a mente. E que mellor manera hai de coidar a mente que lendo?

Invitámoste a coñecer dúas das mellores librerías en Arteixo, especializadas en ofrecerche esa historia inesquecible que estás a buscar. Na librería Mina e na librería Marina agardan por ti os teus heroes favoritos de papel. A librería Mina atópase en Travesía de Arteixo, 335 bis. Ali aténderate Silvia que ten para ti moito máis que libros de fantasía, tamén agasallos, lambonadas, material escolar, prensa e artígos de oficina.

Mejores Librerias En Arteixo

Encántanosa a decoración da librería en Arteixo “Mina”

A librería Marina agarda por ti na Avenida Finisterre, 175. Marina ten para ti no seu comercio en Arteixo libros infantís, literatura en xeral, as últimas novidades e toda a prensa que precisas. Na librería Marina fanse reservas e pedidos, así que se estades a seguir algunha colección recomendámosvos que pasedes por esta librería e papelería para non perder ningún exemplar.

Non só lendo se coida a mente, tamén creando, debuxando, modelando e enmarcando os teus traballos manuais. O comercio en Arteixo Sita é todo un clásico e un referente en Arteixo, é o punto de reunión de todos os artistas da vila. Aquí poderás atopar os teus lenzos, pinturas e pincéis; tamén esa idea fantástica para redecorar o teu fogar, ou facer a restauración dun obxecto prezado. En Sita só traballan coas mellores marcas, porque iso é o que precisan os mellores artistas que temos en Arteixo. Ven a Sita visitando Avenida de Caión, 5 baixo.

mellores librerías en arteixo

Na librería Marina hai xoguetes, libros e material escolar

Non podemos chegar ao final deste artigo sen falar da nosa papelería en Arteixo especializada en material de oficina, tóner, consumibles e todo o que fai falla para profesionalizar as túas tarefas. Escolle Ecolider para os consumibles da túa impresora, pois con eles poderás usar cartuchos orixinais, ou ben usar tóner reciclado, coidando así o teu monedeiro e máis o medioambente. Ecolíder ademáis fai entregas a domicilio de material de oficina para empresas en Arteixo e outras localidades.

En Arteixo CCA temos todo o que precisas para agarimar a túa mente lendo e creando. Descobre as nosas papelerías e librerías en Arteixo visitando o noso pobo. Agardámoste! E lembra que do 1 ao 30 de novembro poderás gañar 100 € mercando no noso pequeno comercio, tes máis información nesta ligazón.