Mellor tenda de electrodomésticos de Arteixo

/, Servizos en Arteixo/Mellor tenda de electrodomésticos de Arteixo

Mellor tenda de electrodomésticos de Arteixo

Se necesitas cambiar os teus electrodomésticos, visita a mellor tenda de Arteixo para facelo que, por suposto, forma parte de Arteixo Centro Comercial Aberto. Si, falamos de Tien 21. A chegada do verán é un momento tan bo como outro para renovar os aparatos da túa casa. Para que elixas con cabeza, aquí van os nosos consellos.

É hora de mercar un televisor 4K con HDR

Os televisores 4K con HDR melloran un montón a definición de películas e de videoxogos, tamén de algunhas emisións que se fan neste formato. O bo é que xa non están caras, podendo facerche con unha por moi pouco prezo en Tien 21. Se xogas cunha Playstation 4 Pro ou con Xbox Box One S, ter unha é imprescindible.

comprar una ps4 en arteixo

Cambia o teu vello refrixerador por un máis ecolóxico

Se gastas moito na túa factura da luz, a solución é invertir en electrodomésticos novos. Os antigos gastan unha barbaridade de luz, pero os novos saben aproveitar moito mellor a enerxía da casa. Ademáis, no caso dos refrixeradores, cómpre ter un moderno que trate mellor as propiedades dos alimentos.

Deixa a túa vasoira a un lado e merca unha boa aspiradora sen cables

Outra das cousas nas que tes que invertir é no teu lombo. Se todavía empregas a vasoira para varrer é posible que che fagas mal nel e nos ombreiros. En Tien 21 contan con aspiradoras sen cables que che axudarán a rematar coa limpeza da casa nun pis-pas, con menos esforzo e con máis comodidade. Aplícate o conto tamén no caso das pranchas para a roupa.

Poderás atopar estes e outros electrodomésticos en Arteixo, da man de Tien 21. A razón pola que cremos que esta é a mellor tenda de electromésticos en Arteixo é pola súa experiencia, coa que seguro que saberán aconsellarte e darche unha solución adaptada ó teu caso.

Por | 2018-05-16T15:02:59+00:00 16-05-2018|Comercios en Arteixo, Servizos en Arteixo|0 Comments
X