Merca o teu material de oficina en Arteixo en Ecolider

Ecolider é unha das maiores aliadas das empresas en Arteixo e arredores. Este socio de Arteixo Centro Comercial Aberto suministra material de oficina, tóner novo e reciclado, e todo o que unha tenda, negocio ou empresa en xeral precisa para levar a cabo o seu día a día.

Un dos servicios máis solicitados é a reciclaxe de tinta de impresora, recollendo os cartuchos vellos e suministrando ás empresas tóner reciclado e compatible cun excelente rendemento e un prezo moito máis competitivo. E por suposto, os negocios e empresas poden escoller entre pasar pola tenda de Ecolíder a recoller o que precisen, ou ben facer o pedido por teléfono ou correo electrónico e recibir a entrega do material na súa oficina, sen ningún custe engadido. Ademáis podes suscribirte aos seus boletíns informativos e así enteraraste de que material de oficina está de oferta cada mes, e beneficiarte así no que máis che interese.

En Ecolider tedes unha ampla selección de material de oficina. Parte do seu éxito básase en coñecer que cada traballador de cada empresa ten as súas manías, prefire unha marca ou outra e que iso é algo a respetar. Por outro lado, o material de oficina que podedes mercar en Ecolider adáptase a un mercado moi competitivo.

Podes chamar a Ecolider e contratar con eles o suministro de todo o que precises, e por suposto tamén a recollida e entrega de novos cartuchos de impresora. A veces faise un pouco difícil ou incómodo ter que recoller os cartuchos de tóner usados, acabando estes no cubo da basura en lugar de onde deben rematar os seus días: reciclados.

comprar cartuchos de tinta en arteixo

Conta con Ecolider para mercar material de oficina en Arteixo

O tóner é unha das sustancias máis contaminantes que saen dunha oficina, por iso Ecolider ofrece este servizo de recollida, reciclaxe e suministro dos novos cartuchos de tinta de impresora. Para completar a súa oferta, en Ecolider poderás non só mercar material para túa empresa, tamén encargar as túas fotocopias, decorar os teus móviles cun estilo corporativo, recargalos e realizar as túas comunicacións por fax.

Ecolider é un dos pulmóns de Arteixo Centro Comercial Aberto, pois suministra de todo o que os negocios dos nosos socios precisan para atendervos. Ecolider non só atende a comerciantes, tamén a todo tipo de clientes, así que se queredes cartuchos de tinta para a vosa impresora da casa ou cañquera outro material de escritorio e papelería, visitádeos en Travesía de Arteixo, 347, bajo 3 ou chama ó 881 120 739 e pregunta por Loli ou Susana.

Por | 2017-05-12T17:42:14+00:00 05-05-2017|Uncategorized|0 Comments
X