ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO,

CAMPAÑA DE NADAL

NADAL SOLIDARIO 2015-16

Arteixo Centro Comercial Aberto, centra un ano máis a sua campaña de Nadal en dar o mellor e máis completo servizo aos seus clientes no plano comercial, e en facer veciñanza e un nadal mellor para todos o pobo no aspecto de comunicación.

Así unha vez máis colaboramos coa maioría dos centros de educación infantil e primaria do Concello, distribuindo postais que os nenos decoran e expoñéndoas nos comercios asociados para ser intercambiadas por alimentos non perecedoiros que Cáritas fará chegar ás familias arteixanas que máis os precisen.

As postais solidarias estarán disponibles nos comercios a partires do Sábado 12 de decembro, e poderán ser conseguidas polas familias e por calquera cliente ou curioso, só deixando a cambio alimentos, se son de tipo navideño, mellor que mellor. O CCA fará 2 recollidas e entregas: unha xusto antes de Nadal e outra o 9 de xaneiro.

ANIMAMOS A TODO O POBO A COLABORAR, deixando alimentos nos comercios asociados que teñan o cartel e caixa de recollida.

Os comercios tamén queren repartir sorte entre os seus clientes, entregando rifas para cestas de nadal a canda as compras. A partires do sábado 5 de decembro, as compras Terán como premio rifas para cestas de Nadal que se sortearán o Sábado 19 (Día da Feira do Galo) ás 18 horas na Praza do Balneario.

Non faltarán nas tendas as cartas para colorear e escribir aos Reis Magos e os vales con invitacións para chocolate o día 5, mentres agardamos pola cabalgata de Reis na Avda. do Balneario.

Para 2016 o CCA escribiu xa a sua carta aos Reis Magos e nela pedimos que medre o espíritu de unión entre os comerciantes e empresarios de Arteixo, que se sigan a sumar socios ao CCA, e que así, xuntos, poidamos facer maís e máis cousas polo noso pobo e para os nosos clientes e vecinos.

CARTEL_PostaisSolidarias2015

Estimados amigos e amigas:

Ante todo queremos agradecer a colaboración das escolas do Concello de Arteixo que un ano máis, ou por primeira nalgúns casos, participaron nesta campaña do Nadal Solidario do CCA.

Agardamos que en gran medida grazas ao atractivo e á implicación dos mestres e mestras, dos nenos e nenas e das familias, academos unha vez máis o obxectivo de que as familias que máis o precisan no noso Concello, teñan de todo nas suas mesas este Nadal, e mesmo contribuir aos meses seguintes apoiando a Cáritas no seu labor de distribución de alimentos.

Acompañamos esta carta de agradecemento cun listado no que podedes comprobar en que comercio se atopan as postais de cada centro escolar e aula, para que as familias poidan atopar as postais que desexen e canxealas por alimentos. Lembrade que é unha grande ilusión conseguir as postais dos nenos e nenas “da casa”, pero que en realidade todas nos valen, porque calquera postal exposta, sexa do centro, aula, neno ou nena que sexa, é unha OBRA DE ARTE DA SOLIDARIEDADE!!

Queremos lembrarvos que conseguir as postais no está suxeito a ningunha compra nin compromiso algún co establecemento que as expón, salvo deixar alimentos que o CCA entregará a Cáritas os días 21 de decembro e 9 de xaneiro.

Así mesmo, sabemos que non en todos os establecementos é posible unha exposición das postais a xeito de mural, ás veces polas condicións ambientais e de traballo do local (talleres, hostalaría etc), outras veces por falta de espacio, ou mesmo a falta de tempo, nunha época de máis traballo do habitual para algúns pequenos comerciantes; pero queremos transmitirvos que todos os comerciantes participan nesta campaña igual de ilusionados que os propios nenos e nenas e estamos contentos de poder axudar a outros veciños con este labor de recollida de comida coa axuda das preciosas postais que se fan nos coles.

Comerciantes, familias e comunidade escolar, coincidimos en que o máis importante desta campaña, é que coa colaboración de todos, xuntamos eses alimentos para axudar a quen máis os precisa.

Moitas grazas e Moi Felices Festas.

Listado dos comercios onde podedes atopar as postais