Seguro que tedes marcado en vermello no calendario o día 25 de novembro, a que si? Ese día celébrase o popular Black Friday, pero sabedes cal é a súa orixe? O Black Friday ten orixe americana, festexándose sempre o día despois de Acción de Grazas. Co Black Friday da comezo a campaña de nadal nas tendas, pero… por que se chama “día negro”? Pois porque fanse descontos tan grandes que as tendas pasan de ter números vermellos a números negros.

No CCA de Arteixo adiantamos ao Black Friday e mesmo o alongamos, pois estamos a preparar unha serie de descontos que poderás disfrutar dende o xoves 24 e ata o sábado 26 deste mes. Tamén faremos o sorteo dun incrible premio que será… sorpresa! Para saber iso teredes que agardar aínda un chisco máis.

Arteixo súmase así este ano ás ofertas do Black Friday 2016, así que non esquezades visitar Arteixo no último venres deste mes ata as 12 da noite!! E que podedes facer ademáis de mercar? Pois disfrutar e facer as vosas compras de nadal ao mellor prezo nunha vila con moito que ofrecer… e degustar.

Mercar Xoguetes en Arteixo

A mellor moda infantil atópase nos nosos comercios en Arteixo

Se queredes mercar agasallos para os vosos nenos, poderedes mercar moda infantil en Arteixo en Repulir, Tres Sorrisos, Casual Kids ou La Modista de los peques se son pequenos. Contamos tamén con xogueterías en Arteixo, pois en Don Dino atoparedes xoguetes creativos, educativos e moi divertidos. Se nos sabedes que boneco agasallar, pedídelle axuda a Ana Belén, que estará encantada de dicirvos que é o máis solicitado esta tempada.

Tras facer as vosas compras, que mellor que entrar nunha das nosas cafeterías, restaurantes e cervexerías para tomar un respiro! En Arteixo contamos con un amplo abano de posibilidades de hostalaría; por algo é que facemos todos os anos, e con moito éxito, o noso concurso de pinchos e tapas.

Restaurantes en Arteixo

Descobre os restaurantes en Arteixo, bares e cafeterías durante o Black Friday

Desexamos que visitedes Arteixo animados polas nosas ofertas do Black Friday 2016 e que quededes ao noso carón grazas a nosa ampla oferta de lecer. Os comerciantes de Arteixo teñen moito que ofrecervos, e máis no Black Friday… Que cales son as ofertas do Black Friday? Para coñecer isto inda tedes que agardar un pouco, pois estamos dando tempo aínda á nosa campaña Merca e Aforra, na que premiamos con 100 € en vales de compra aos 6 primeiros clientes que fagan 10 compras de 20 €, xa entregamos varios premios, pero aínda quedan varios e un deles pode ser teu. Informate no comercio asociado, na nosa web ou no noso facebook!! E permanece atento! Esta semá contarémosche onde atopar descontos Back Friday e que premios imos sortear entre os clientes desa semá, asegurámosche que non os vas querer perder!!