Imos facer un alto na descripción dos mellores restaurantes que temos en Arteixo para falar dos nosos servizos, isos que temos para ofrecervos se vides visitar Arteixo e que son de sobra coñecidos polos nosos veciños.

Nesta época do ano, na que temos tantas bodas e celebracións hai que ir guapos e guapas, así que  é o momento de falar dun dos servizos fundamentais en Arteixo: as nosas mellores perruquerías. Hoxe traémosvos tres das que forman parte de Arteixo Centro Comercial Aberto.

Peluquería Yolanda

A Peluquería Yolanda atópase en Rua Ría de Ferrol, n 4, Baixo (Arteixo 15142). Para concertar cita neste salón de beleza exclusivo so tedes que chamar ó número de teléfono 981 600 823 e preguntar por Yolanda. En Peluquería Yolanda tedes a facilidade de contar con elas tamén o sábado, así que xa sabedes.

peluquerias en arteixo

Peluquería Imagen

A Peluquería Imagen atópase en Rua Médico Amenedo Casabella, 13 baixo (Arteixo 15142) e para pedi-la vosa cita tedes que empregar o seguinte número: 981 640 429. A Peluquería Imagen presta os seguintes servizos de perruquería: alisado con keratina, extensións, maquillaxes, manicuras, pedicuras, ceras e tamén láser e solario. Os servizos que presta a Peluquería Imagen son unisex.

peluquería en arteixo

Peluquería Ángela Hermida

Se vos atopades pola praza do Blaneario, estades a carón da Rua das Flores, 8 baixo drta. (Arteixo 15142), e tedes que visitar esta perruquería en Arteixo. A Peluquería Ángela Hermida ofrece tamén un moi grande número de servizos para os seus clientes e clientas, entre os que destacan os seguintes: Alisado Keratina, extensións, botox capilar, manicura, pedicura, maquillaxe, alisado definitivo, tratamento de hidratación e tamén bonos especiais para peitear e maquillar as noivas, bonos peiteado e mechas californianas. Se queredes coñecelos máis a fondo visitade a súa páxina de facebook

Estas son so tres das perruquerías que forman parte de Arteixo Centro Comercial Aberto. Por suposto temos outros servizos en Arteixo para complementar o que a nosas perruquerías teñen para ofrecerche, pero iso é para outro artigo. Se vides a disfrutar de Arteixo, nos esquezades disfrutar das nosas viñotecas, restaurantes e cafeterías: seguro que volves.