Temos un novo socio en Arteixo! E é un perfecto para coñecer nesta época do ano: Sherpani, unha tenda de material deportivo e roupa para outdoor, deportes de montaña, senderismo, escalada e aquelas actividades recreativas que entrañan certo risco.

Nesta tenda de deportes de montaña en Arteixo non só venden todo o que necesitas para desfrutar máis da túa paixón, queren ser punto de reunión dos afeccionados á marcha nórdica, o trail running e o senderismo. O seu persoal está formado por amantes do risco, polo que poderán aconsellarche onde empezar a practicalo se todavía es un novato, e xa que o dicimos, cal é o mellor deporte de montaña para ti.

Desfruta da escalada en Arteixo con Sherpani

A escalada ten moitas modalidades, pero se vai ser a primeira vez que a practicas, elixe facelo en roca. En Sherpani aconsellaranche as mellores para os novatos e tamén que cordas, arneses, cintas e zapatos precisas.

O mellor de practicar escalada é a viaxe relacionada con atopar o lugar estupendo para facelo, coller o coche, viaxar coa familia e amigos e desfrutar dun día divertido. 

tiendas de deportes en arteixo

Coñeces o trail running?

O trail running consiste en facer carreiras duns once kilómetros pola montaña, elixindo carreiros bonitos, cheos de boas vistas e de lugares onde facer un picnic. A idea é que elixas unha senda adaptada ó teu nivel, que practiques e que logo subas a intensidade, mellorando pouco a pouco.

Visita Sherpani para mercar os zapatos de trail running que sexan ideales para a túa forma de camiñar. Non fagas trail running sen ir ben equipado. Estas son só dúas ideas coas que poderás desfrutar do aire libre. As aventuras que comezan en Sherpani están especialmente deseñadas para os que non poden quitar os ollos do móbil. Animaste a probar algo novo?