Sabes que temos un novo socio en Arteixo Centro Comercial Aberto? Trátase de The Ink Blot Studio. Un estudio de tatuaxes que destaca polo seu rico catálogo de deseños, por contar coa última tecnoloxía tanto para tatuarte como para quitar tatuaxes dos que te arrepintes, e tamén por garantir as máximas condicións de hixiene, porque tamén fan piercings e a saúde é fundamental.

O comezo de ano adoita ser un momento ideal para atreverse a facer cousas como unha tatuaxe; iso sí, sempre sendo maiores de idade ou contando cun permiso dos pais no caso de menores, claro. O difícil é decidir que tatuarse. Moitos dos que se fan un imprímen na pel un debuxo ou un símbolo que lles recorda a algún momento especial para eles, unha estrela, unha pluma ou algo feito por eles mesmos, pero se non tedes idea de que tatuarvos, aquí van unhas ideas.

Tatuaxes de caveiras con toques mexicanos

Se queres facerte un tatuaxe con cores, elixe unha caveira mexicana. En México teñen un sentimento moi forte e especial coa morte, como representa o seu folclore. Se o mezclas con inspiracións rock, acadarás unha tatuaxe moi especial.

taller de tatuajes en Arteixo

Formas animais combinadas con temática natural

Amades a natureza? Entón elixide a espalda ou o antebrazo para tatuarvos o voso animal favorito no seu entorno: un bosque, o mar… Para que quede mellor, recomendámosvos que sexa o máis suxerido posible, abstracto ou incluso optar pola silueta. Se queredes que o animal se vexa moito, elixide o peito ou a espalda, para non ter que velo todo o día.

Unha frase que te defina na nuca, no brazo ou na perna

Se é a tua primeira tatuaxe, podes preferir facer un debuxo máis pequeno e incluso non facer un, senón unha frase que fale de ti. Se non se che ocurre ningunha, busca entre o traballo dos teus autores favoritos, elixe unha liña e proba como che queda na pel. Se te convence, proba con outro máis orixinal.

Estas son só algunhas ideas para que decidas tatuarte, pero para conseguir as mellores ideas o mellor é que visites o instagram de The Ink Blot Studios ou que visites o seu taller de tatuaxes en Arteixo. O seu equipo saberá acompañarte moito mellor que nós. Atréveste a comezar o ano cunha tatuaxe?