Tendas de roupa en Arteixo: complementos

Tendas de roupa en Arteixo: complementos

No anterior artigo comezamos o especial sobre Tendas de roupa en Arteixo coa lencería e a roupa inteiror. Agora imos falar dunha parte fundamental do noso look: os complementos. Para acadar un perfecto outfit no só hay que preocuparse pola vestimenta, senón tamén polo bolso, colares ou pendentes que levemos. Os complementos son o acento de noso conxunto, é por iso que son tan importantes as tendas de roupa en Arteixo centradas en vender complementos.

Hoxe imos a repasar tres delas que forman parte de Arteixo Centro Comercial Aberto. Animádevos a visitar os seus establecementos para atopar pezas únicas para poñer a diario e tamen nese día tan especial; por suposto, tamén para facer agasallos.

Tendas de roupa en Arteixo: Bianco. Complementos, moda e calzado

A tenda de roupa en Arteixo Bianco, ademáis de unha ampla liña de complementos ten outras moitas vantaxes: conta cunha rampa de minusválidos para que podas acceder a ela se vas en silla de rodas,  modelos tanto para homes e para mulleres coa posibilidade de escoller tamén entre unha selección moi coidada de tallas grandes.

Se queredes visitalos, a tenda de roupa Bianco está en Avda. do Balneario, nº 41, baixo (Arteixo-15142), podedes facer as consultas que queirades a Virtudes o chamando ao número de teléfono 881 992 738.

 

tendas de calzado e complementos en arteixo

Tendas de calzado e complementos en Arteixo: Ramos

Calzados Ramos especialízase tanto en calzado como en complementos como por exemplo estupendos bolsos, sendo a visita ao seu comercio imprescindible para rematar o voso conxunto. A tenda de calzados Ramos é unha das primeiras tendas en Arteixo; leva dende o ano 1979 vendendo moito máis que zapatos.

Para chegar á tenda de calzados Ramos tédelos moi doado, atópase en Travesía de Arteixo,  320 (Arteixo 15142). Para contactar con Pedro Ramos chamádeo ó número 981 600 902. Tedes máis información sobre o seu traballo na súa páxina web.

 

Tendas de roupa en Arteixo

Tenda de roupa e complementos en Arteixo: Boneca

A tenda de moda Boneca ten o seu establecemento en Rua Médico Amenedo Casabella, nº 8, Baixo (Arteixo-15142). Fátima López atenderávos tanto na tenda en Arteixo, como no teléfono 881 922 962 como no seu facebook. O forte desta tenda de roupa e complementos son as últimas tendenzas, Boneca é distribuidora de Rosalita McGee, Miss Cute, Azura, Celop, Theos e outras marcas que poderedes descubrir cando vaidades a coñecelos. Seguide moi preto o seu facebook porque alí suben as suas novidades, tamén cos prezos.

E ata aquí o noso artigo sobre tendas de roupa en Arteixo de hoxe. Seguide atentos ás nosas novidades posto que os socios de Arteixo Centro Comercial Aberto non deixan de medrar, ofrecendo diversidade e xuntando baixo unha mesma bandeira toda a forza do pequeno comercio en Arteixo. Vide a visitarnos, volveredes!

X