¿Queredes facer un agasallo á vosa parella? ¿Buscades algo para vós, sexi e íntimo? No noso especial de tendas de roupa en Arteixo imos comezar falando dos mellores establecementos en Arteixo que venden lencería de todolos tipos: fina e tamén roupa interior cómoda e deportiva, para tódolos gostos e ocasións, para home e muller, para nenos e maiores. A oferta de tendas de roupa en Arteixo é moi variada, algo que de seguro xa sabedes se acodides regularmente á nosa cita coa moda e as rebaixas na Feria de Oportunidades en Arteixo, ou se paseades polas rúas de Arteixo e  vexotades e remexedes un pouco polos seus comercios.

Tendas de roupa en Arteixo: Mercería Carrera

Comezamos a nosa rolda de tendas de roupa con Mercería Carrera, un establecemento de roupa con solera, tanta, que ten un diploma e mención da Xunta de Galicia como un dos establecementos máis veterán en funcionamento. Nesta antiga mercería poderedes atopar roupa para estar pola casa (batas, pixamas, mandís…), roupa de interior de formato máis e menos clásico, e tamén a mellor roupa para o fogar de calidade e a prezos xeniais: sabas, mantas, manteis, toallas….. Susana Carrera, terceira xeneración de comerciantes e actual dona da tenda de roupa, aconsellaravos acerca de que tecido é o mellor en función das vosas necesidades, gostos e presuposto.

Podedes atopar a Mercería Carrera en Arteixo, en Rua Ría de Pontevedra, 2 (Arteixo 15142). Se queredes facerlle algunha pregunta por teléfono este é o seu: 981 600 917

lencerias arteixo

Tendas de roupa en Arteixo: Lencería Maneux

Lencería Maneux está en Travesía Ría do Ferrol baixo, s/n  (Arteixo 15142), a carón da peonil Avda. do Balneario, en pleno centro. Esta tenda de roupa íntima en Arteixo está especializada en corsetería, tamén para noivas e premamás. Se queredes engadir un pouco de sabor á vosa relación preguntádelle a Jhoana Díaz con qué prenda de lencería ou corsés poderedes sorprender á vosa parella.

Lencería Maneux ten tamén unha liña de tallas especiais, así que de seguro, todos e todas atoparedes o que andades a buscar. Podedes aproveitar tamén para mercar na Lencería Maneux roupa de baño e cama para nenos e adultos. Se tedes alguna consulta podedes chamar ao 981 640 110.

lencerías en arteixo

Tendas de roupa en Arteixo: Lencería Encaje

En Lencería Encaje tamén tedes de todo, por incríble que pareza, esta tenda pequechiña, contén un mundo de opcións estupendamente seleccionadas por toda unha comerciante veterana que é Fina. Dende roupa de baño (xa temos morriña do verán, pero sempre nos queda a piscina para todo o inverno) ata roupa interior e, por suposto, a lencería máis fermosa, cómoda e práctica. Da tenda de roupa en Arteixo Lencería Encaje queremos destacar os excelentes prezos en primeiras marcas, cousa que por outra banda é bastante habitual nos comercios de Arteixo en xeral, xa que atopamos primeiras calidades, a prezos case sempre mellores que en grandes superficies e outros comercios na cidade.

Lencería Encaje atópase en Rúa Ría de Noia, 3 baixo (Arteixo 15142), ide e coñecede a Josefa. Dicídelle que vides da nosa parte, atenderavos xenial. O seu número de teléfono é 981 602 191. Nos seguintes días describirémosvos outras tendas de roupa que forman parte de Arteixo Centro Comercial Aberto e o que teñen para ofrecervos: variedade e calidade.