X Concurso de Tapas por Arteixo

//X Concurso de Tapas por Arteixo

X Concurso de Tapas por Arteixo

Xa sabes que tes unha cita en Arteixo esta fin de semana de xoves 16 a domingo 19 de febreiro, en horario de mediodía e tarde-noite para probar as 18 tapas concursantes no noso roteiro. Programa na axenda vir varios días para non empacharte, eso sí!

Proba as tapas, pide nos locais que che selen as papeletas de voto; cada 4 tapas probadas, emite o teu voto de cal é a túa favorita desas 4, e deixa o voto na urna de calquera bar concursante. Con cada papeleta entras no sorteo de 2 premios de 150 € cada un, e dun premio de 300 €!! Vamos, que vir de tapas cos amigos, a parella ou a familia, pódevos sair moi moi rentable.

A semana que ven coñeceremos cal é o local gañador desa mención á “Mellor Tapa – xurado Popular” según o cómputo dos votos dos clientes, e tamén a “Mellor Tapa – Xurado Profesional: A Tapa con máis Chispa”, escollida por un xurado profesional composto por 3 cociñeiros/as.

Organizado pola asociación de comerciantes, hostaleiros e pequenos empresarios “Arteixo Centro Comercial Aberto”, e patrocinado polo Concello de Arteixo e Coca Cola, esta é a décima edición do Concurso de Tapas por Arteixo e o evento xa é un clásico ao que acode xente de toda a comarca e de fóra dela. O ambente na rúa e nos locais é inmellorable; seguindo os nosos planos roteiros, ou ben coa aplicación móbil “Quedamos de Tapas”, atopar os bares é moi doado, todos están moi preto, e ao mesmo tempo, danche ocasión de pasear por un agradable casco urbano, mentres vas dun bar a outro e así dixerir e facer sitio para a seguinte tapa.

 

VÉMONOS DE TAPAS POR ARTEIXO!

QR-Arteixo

Participarán no concurso os seguintes establecementos con estas suxerentes tapas:

ESTABLECEMENTO TAPA DESCRIPCIÓN DA TAPA
40 Y TANTOS Terra Galega Petisco de bacallau con brécol, panceta, cachelo, ovo raiado e cebola á galega
A TOSTA Rolo Salteado con Shitake Rolo recheo de froitos da nosa Terra
A VINOTECA DO CARAMUXO La Concha!!! Salteado de zamburiñas, gambas e ibérico sobre crema de pataca ao albariño
ASADOR PIMPOLLO Engañamaridos Crepe recheo de doce caseiro
BAJOTRECE Arepa de Carne Mechada Panciño de millo á prancha recheo de carne de tenreira desmenuzada e aderezada con verduras
BAR CODE Da Terra Crema de coliflor con bacallau afumado e perlas de algas vermellas
BATA DE GUATA O Berrón Molete rústico recheo de polo ao chilindrón e chips de boniato con salsa barbacoa caseira
CAFÉ BAR RANCHO Filloa Rechea Filloa rechea cunha saborosa mistura de carne
CAFETERÍA CASTELAO Petisco de Inverno Solombo de porco con pasteliño de pataca, verduriñas e salsa de mostaza
CERVECERÍA PLAY In Mare Pemento recheo de bechamel, bacallau e gambas bañado con reducción de salsa de verduras e salsa rosa
EK CHUAH Lacon á Feira Lacón cocido con puré de pataca, pimentón picante e aceite de oliva extra
HAMBURGUESERÍA IVI Corneta Pizza nun cucurucho con base de pasta e recheo de champiñóns, gambas, xamón, bacon e bonito
LA VENTANA Polomango Tosta de polo sobre crema de mango e cobertura de prebe de tomate picante
OS BOSQUES Galleta Mermelada de verduras, tenreira e salsa de galleta sobre pan
O PETISCO A Gula do Petisto Tosta de pan artesán con gula, ovo e touciño do País
VIÑOTECA O REFUXIO Corralito Velado con Trufa Ovo de corral fritido con velo de panceta e aceite de trufa
ARUME ARPADO Bacallau con Verduriñas de Horta Lombo de bacallau sen espiñas con salsa de zenoura, tomate e ata 7 verduriñas
PIZZA TUTTO Porcochís Mini pizza de masa fresca con salsa gorgonzola, lacón, queixo e polvos de parmesano

PlanoTapas_FEB2017

Contámosche quen foron os gañadores deste X Concurso de Tapas por Arteixo!!

Tapa – Xurado POPULAR: O PETISCO, coa sua tapa “A GULA DO PETISCO”, unha tosta de pan artesán con gula, ovo e touciño do país.
Este amplo local, que leva 2 anos funcionando baixo a xerencia de Carlos e Malu no alto da Avda do Balneario, asegura a diario un excelente servicio e boa cociña, que mostraron tamén nesta edición do concurso e os clientes valoraron claramente

Mellor Tapa – Xurado PROFESIONAL: A TAPA CON MÁIS CHISPA: HAMBURGUESERÍA IVI, coa sua CORNETTA, unha Pizza nun cucurucho con base de pasta e rechea de champiñóns, gambas, xamón, bacon e bonito. O Ivi é unha cafetería clásica en Arteixo. Durante moitos anos atenderon en plena Avda do Balneario, e hai uns 2 anos trasladaron o seu local á rúa Ría de Ferrol, moi preto da carretera general. Alí, nun local tamén clásico en Arteixo, cunha grande terraza completamente renovada, continuan co mellor café, cociña e prancha e a cordialidade de toda a vida. Se os cambios sempre son duros, as moitas visitas e boas valoracións dos votos do público, demostran que a clientela persigue o bo servicio alá a onde se instale; O Ivi estivo entre os 7 locais concursantes que superaron amplamente os 100 votos do público pero ademáis álzase con esta valoración dos cociñeiros profesionais como a Mellor Tapa e a Tapa con máis Chispa.

Neste concurso entregamos tamén vales de compra a 3 gañadores do sorteo como representantes do Xurado popular. Nesta edición tivemos 2 premios de 150 € e 1 premio de 300 € que recaeron en:

PREMIOS DE 150 € cada un: ROMINA VARELA BELLO e GORETI RAMOS MORADO

PREMIO DE 300 €: NATALIA PAN PARDO

A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas entraron nos sorteos destes 600 € en vales de compra para gastar ate o 30 de marzo, nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com.

Como dato, locais amplamente votados nesta edición foron: A VINOTECA DO CARAMUXO, LA VENTANA, CASTELAO, 40 Y TANTOS, IVI e OS BOSQUES.

Sen dúbida, os consumidores valoran a calidade, o sabor e a presentación da tapa degustada, así como a axilidade e calidade do servicio do local. Non esquezamos que canta máis xente proba o producto, máis xente pode disfrutalo e votalo, co cal un bo compendio de cociña e servicio de sala, parece obter moi bo resultado na consecución de número de votos, ao xuicio dos consumidores.

Nesta edición os locais gañadores non terán premio económico pois os concursantes pactaron que preferían que dito premio revertise nos clientes do concurso, pero aínda así, recibirán un diploma e trofeo conmemorativos. Ademáis o Ivi, como Tapa con Máis Chispa, obtivo un premio dun lote de productos Coca Cola a cargo desta marca patrocinadora do evento. Tódolos concursantes coinciden en que para eles o mellor premio é traballar ben durante o concurso, e ver o pobo animado, con ambente, cheo de xente disfrutando.

Por | 2017-04-03T17:16:28+00:00 16-02-2017|Uncategorized|0 Comments
X