Prepara a túa mesa, pon os adornos e un centro tan bonito como só ti sabes facer. As nosas tendas de alimentación en Arteixo teñen todo o necesario para que sirvas nela os manxares que o nadal precisa. Iso si, fai xa as túas compras, este ano hai pouco marisco e por iso é mellor telo mercado canto antes.

Na nosa peixería en Arteixo Botero Gundin poderás mercar ese mero, merluza ou san martiño perfecto para sorprender ós teus. Non escatimes en cigalas, camaróns e navallas, as estrelas este ano nas mesas de Arteixo; e se podes, faite coa xoia das nosas costas: o percebe. Se tes dúbidas de que peixe ou marisco mercar chama a Alfredo ó 616 126 141, contarache encantado o xénero que teñen na peixería Botero.

Tes convidados de fora? Poucas cousas hai que gusten máis a quenes veñen coñecer Galicia que unha boa empanada. Na Panadería Gestal poderás facer os teus encargos e tamén mercar un biscoito para por de postre co café, acertarás sen ningunha dúbida. Chama sen compromiso a Ana ó 981 600 029 e fai os teus encargos para logo recollelos en Avda. Finisterre, 109.

Pescaderia en Arteixo Botero Gundin

Xa é nadal nas tendas de alimentación en Arteixo, Visítanos!

Moitos nenos non querer comer uvas coas campanadas e no seu lugar dánselle lambonadas. En Xiana teñen as mellores chuches que podedes atopar en Arteixo, e non só por frescura e sabor, tamén polas montaxes que fan con elas. Se ides ter unha mesa para os nenos poderedes atopar aquí os bodegóns máis doces para decorar a mesa dos cativos.

Os nosos comercios en Arteixo non só están para atender os clientes, tamén a outros comercios que terán que traballar moito en noite vella. No Arteixo Centro Comercial Aberto temos unha ampla oferta de hostalaría, pubs e bares, e onde mercan a bebida de calidade que poñen na vosa copa? Pois en Distribuciones Cotelo. Facede os vosos encargos chamando ó número 630 473 355 e deixádeo todo preparado antes das campanadas. Moitas grazas por elixirnos.