Quen somos

Pequenas empresas que construímos futuro para Arteixo

Arteixo Centro Comercial Aberto é a asociación das pequenas empresas de Arteixo: comercio, hostalaría, servizos e profesionais que compartimos un mesmo obxectivo común: facer de Arteixo un lugar no que todas queiramos vivir, traballar e quedar.Non somos só tendas. Somos cafeterías, ferreterías, estudios de tatuaxe, academias, clínicas, librarías, despachos, panadarías e moito máis. Representamos a vitalidade do tecido económico local. E facémolo desde un modelo sostible, humano e colaborativo, que busca o equilibrio entre o desenvolvemento económico, o benestar social e o coidado ambiental.

Arteixo CCA é a suma das forzas de moitas pequenas empresas e das persoas que están detrás delas: xente que escolle emprender aquí, que abre cada día o seu negocio e que coida da clientela co seu tempo, saber facer e implicación. Porque entendemos que o consumo local non é só unha cuestión de hábito, senón unha aposta colectiva polo presente e polo futuro da nosa vila.

Se consomes local, estás a construír comunidade

Cada vez que escolles mercar ou contratar un servizo nun negocio local, estás facendo moito máis que cubrir unha necesidade: estás contribuíndo a manter viva a economía de proximidade, a xerar emprego de calidade e a que a vida nas rúas de Arteixo sexa activa, diversa e segura.

O teu consumo repercute directamente no benestar da comunidade. Axúdanos a facer de Arteixo un lugar onde todas queiramos estar.

Se es pequena empresa, aquí tes unha rede que te impulsa

Formar parte do CCA é pertencer a unha comunidade de apoio mutuo que promove campañas, forma, asesora, dinamiza, representa e facilita ferramentas reais para medrar. Aquí non só defendemos o teu negocio: poñémolo en valor, dámoslle voz e facémolo visible.

Pero hai algo máis: a asociación faise contigo. Cada socia pode propoñer ideas, liderar proxectos e influír directamente no rumbo do CCA. Cantas máis sexamos, máis forte será esta rede.

Ti tamén podes formar parte deste cambio. Xuntas decidimos cara onde imos.