QUE CHE OFRECE O CCA

Servizos que suman, acompañan e impulsan

No Centro Comercial Aberto de Arteixo traballamos cada día para acompañar, reforzar e dar visibilidade ao tecido económico local. Este espazo está aberto a todas as persoas que queiran saber máis sobre o que facemos: tanto se es socia, como se estás pensando en sero, ou simplemente queres coñecer como funciona o CCA.

Aquí explicámosche en liñas xerais todo o que ofrecemos.

Se xa es socia, tes acceso a moita máis información na túa área privada.

E se queres unirte ao CCA, podes consultar máis detalles en “Quero facerme socia”

Asesoría: acompañamento en cada paso do teu negocio

Se estás a pensar en emprender en Arteixo, aquí atoparás un punto de apoio desde o primeiro día:

asesoramento sobre como empezar, pasos a seguir, recursos dispoñibles e moito máis.

E se o teu negocio xa está en marcha, estamos aquí para acompañarte cando o necesites:

  • Para profesionalizar a túa xestión.
  • Para resolver calquera dúbida ou problema.
  • Para acompañarte nas túas relacións coas administracións, mediando e orientando en trámites, reclamacións ou peticións que afecten ao teu negocio.

Información e apoio na solicitude de axudas

Desde o CCA informámosche puntualmente sobre subvencións, axudas e programas públicos que poidan ser de interese para as pequenas empresas. Non só che facilitamos a información, senón que tamén che axudamos a preparar a documentación e a presentar a túa solicitude.

Queremos que as pequenas empresas de Arteixo non queden fóra das oportunidades de financiamento público que existen.

Formación e profesionalización

Ofrecemos accións formativas adaptadas ás necesidades reais das pequenas empresas locais,

para que poidas mellorar as túas competencias, actualizarte e manter o teu negocio competitivo. Traballamos para que ti e o teu equipo teñades acceso a formación práctica en áreas como:

  • Xestión comercial e financeira.
  • Atención ao cliente.
  • Novas tecnoloxías.
  • Marketing e redes sociais.
  • Sostibilidade e economía circular.
  • Saúde e benestar no traballo.

Dixitalización: ferramentas para non quedar atrás

Apostamos por acompañar as pequenas empresas de Arteixo na súa transformación dixital. Queremos que coñezas e aproveites todo o que as novas tecnoloxías e as intelixencias artificiais poden ofrecerche.

Desde xestión dixital de clientes, automatización de procesos, venda en liña, ata ferramentas para mellorar a túa produtividade e reducir o uso de papel.

Estar ao día é clave para que o teu negocio siga medrando.

Promoción: dar visibilidade ao que ti fas

Traballamos para que a túa empresa teña máis presenza, máis alcance e máis recoñecemento.

  • Campañas publicitarias, tanto en liña como en medios tradicionais
  • Promoción nas nosas redes sociais e na nosa web
  • Servizos de comunicación e difusión, para que cada acción que fagas teña máis eco e chegue a máis persoas

O CCA é o teu altofalante local, para que a túa voz chegue máis lonxe.

Dinamización: campañas que xeran movemento

Organizamos campañas e accións ao longo de todo o ano que dinamizan as compras, fidelizan á clientela e conectan ás empresas coa veciñanza.

Ser parte do CCA permíteche participar en todas estas campañas, aproveitar o seu impacto e sumar ao movemento que mantén vivas as rúas de Arteixo.

Porque a dinamización e a promoción van da man. Xuntas fan que o comercio local sexa máis forte, máis visible e máis valorado.

Se xa es socia

accede á túa área privada para consultar todos os recursos dispoñibles:

Se aínda non es socia

pero estás pensando en unirte ao CCA, consulta as vantaxes e dá o paso cando queiras:

Para todas as persoas

Se simplemente queres estar ao día do que facemos ou participar nas nosas campañas como consumidora