Faite socio
Se tes un pequeno negocio en Arteixo, este é o teu lugar.
Unirte á Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo significa formar parte dunha rede activa que crea comunidade, dá visibilidade ao teu proxecto e acompáñate en campañas, formacións, asesoramento e dinamización durante todo o ano.
Aquí traballamos para que as pequenas empresas teñan máis ferramentas, máis apoio e máis oportunidades reais para medrar.
Se queres saber que implica ser socia, como funciona a cota ou que vantaxes terás, só tes que premer no enlace: alí atoparás todos os detalles explicados paso a paso antes de cubrir o formulario.