Farto ou farta de non ter un San Valentín en condicións? Pois ponte as pilas e escolle os nosos servizos, restaurante e comercios en Arteixo para festexar o día dos namorados. En Arteixo Centro Comercial Aberto contamos con preciosos locales, lugares onde mercar flores, tomar un café, copa ou cea, perruquerías para arranxar un peitado para a ocasión, lencería maravillosa, xoias, bisutería e complementos, a mellor moda e complementos para home …. e moito máis.

Hai quen dí, que San Valentín é un día inventado polas tendas para que merques, que o cariño se demostra cada día… pero aínda así… é unha estupenda excusa para disfrutar dun día en parella nos restaurantes en Arteixo, ou dicirlle a túa avoa, ao teu fillo, ou ao mellor amigo ou amiga… que os queres moito e que lles das as gracias por querete tamén cada día, porque o amor… vai moito máis aló da parella.

ideas de agasallos para San Valentín

Aconsellámoste restaurantes, agasallos e planazos para San Valentín en Arteixo

Sabías que en Xapón en San Valentín son as mulleres as que agasallan pero que un mes despóis celébrase o Día Branco, no que son os homes os que devolven o presente? Unha bonita tradición que tamén podes levar a cabo grazas os nosos comercios en Arteixo.

E que podes agasallar? Pois unhas bonitas gafas dunha das nosas ópticas en Arteixo; acompáñaas dunha nota que poña “unha axuda para que me sigas vendo guap@ despois de tantos anos”.

Falando de tradicións, en Cataluña celebran o Sant Jordi o 23 de abril, con unha flor e un libro como regalo estrela, así que por que non facer o mesmo en San Valentín? Escolle un libro cheo de aventuras e amor nas nosas librerías en Arteixo; e como aquí somos galegos, cambia a rosa por productos da nosa horta. En Un mundo de Fruta terás os ingredientes clave para facer unha cesta de agasallo deliciosa, coa que deleitar os vosos sentidos!!, preparar unha estupenda cea ou un postre para ese día tan especial.

Se non tes o corpo para cociñar, pásate polos nosos restaurantes en Arteixo. Se segues os nosos consellos poderás facer unha ruta perfecta para tomar a primeira cervexa, logo unha deliciosa cea, a copa final… e despois o que xurda, claro.

Encántanos a idea de que decidades celebrar o día de San Valentín ao noso carón, e por iso, todo o Centro Comercial Aberto de Arteixo está á túa disposición para facer dese día un especial de verdade. Non te perdas as nosa campaña especial de San Valentín. Moitas grazas por elixirnos.