En Arteixo temos unhas estupendas cervexarías onde poderás saborear unha das bebidas máis populares, saborosas e sanas do mundo. Falamos da cervexa. Por suposto, o seu consumo ten que ser moderado e nunca beber máis de dúas cervexas ó día e tampouco sen parar e a cotío, pero catro á semana ofrecen moitos beneficios á saúde.

Se lembrades, hai uns días saltou a nova de que os españois superaríamos en tempo de vida ós xaponeses. Gran parte de conseguilo é pola nosa dieta: a mediterránea, na que se inclúe a cervexa con ou sen alcol; e este matiz é importante. Este brebaxe aporta ácido fólico e vitamina B, que son indispensables para unha embarazada. Así que se agardas un meniño, toma unha cervexa sen alcol pola túa saúde.

Un dos seus beneficios relacionados con ter unha vida máis longa é por mor da gran cantidade de antioxidantes que contén. Se bebes cervexa, notarás os seus efectos sobre a túa pel. Se fas deporte, axudarache a recuperarte tras un gran esforzo.

Esta bebida fermentada ten fibra e moita auga, o que a convirte nunha sustancia diurética que axúdanos a ir máis o baño. Isto é clave para limpar o corpo e evitar infeccións. Se soes ter moitas cistitis, inclúe a cervexa na túa dieta.

cerveza en arteixo

Beneficios da cervexa para a saúde

A cousa agora é: onde podes ir a tomar unha boa caña en Arteixo e recibir recomendacións de cal é a mellor para ti? Nos recomendámosche que visites a cervexaría Arume Arpado, en Eugenio Carré, baixo 12. Dille a Manuel que vas da nosa parte e déixate aconsellar.

Iso si, a cervexa hai que bebela con moderación. Non é moi calórica e non é certo que engorde, pero moita sumada a unha vida sedentaria e unha mala alimentación si que che fará ganar peso. Por iso é que combinar as túas visitas ás nosas cervexarías cos deportes de aventura que organiza Sherpani.