O día 19 de este mes é o día do pai, un momento sensacional para demostrarlle ó teu pai o moito que o queres. En Arteixo Centro Comercial Aberto celebramos este sábado unha gran festa con hinchables para que veñas co teu pai a pasalo bomba, pero quizáis aínda che falte algo para poder festexar con el esta data, xa sabes o que lle darás como agasallo?
É unha pregunta difícil, regalarlle algo ós pais sempre parece complicado pero non o é tanto nese momento hai que lembrar que ademáis de ser pais son persoas humanas normais coma ti! Incrible, verdade?
Lembra que o que máis desexa o teu pai, é pasar tempo ó teu carón, por iso recomendámosche un agasallo moi especial: invitao a cear, ou simplemente a tomar un café ou unha caña e a unha boa conversa. En Arteixo temos unha ampla gama de cafeterías, cervexerías e restaurantes, perfectos para que poidas escoller o que máis pode encaixar con el. E xa de botar unhas risas e pasar unhas horas xuntos ide sacar unha foto de estudo a Estudio M fotografía.
Se prefires agasallar algo co que disfrute do seu tempo libre, que tal un libro? Nesta ligazón podes consultar as nosas librerías, visitar a que teñas máis preto da casa e facer a túa consulta. Se non sabes que libros escoller, nas librerías Marina ou Mina poderán aconsellarche.
Se teu pai non é moito de ler ou xa lee demasiadoque tal unha sesión de fisio, unhas gafas de sol, ou un reloxo?? En Arteixo temos a clínica de Fisioterapia ARCEFI, as ópticas Romay e Balneario Visión ou Xoairía Barca. Que teu pai é un extraordinario “cocinillas”?? Fixo que en Pratos Rotos atopas algo que vai disfrutar un montón! E o resto da familia tamén 😉
En Arteixo Centro Comercial Aberto temos moitas ideas para desfrutar co teu pai
Pero temos moitas outras opcións para ti: podes aproveitar para ir a a unha das moitas tendas de moda, calzado e complementos. Podes mercarlle unha camisa bonita en Mira Home, ou un pixama divertido en Lencería Maneux ou Encaje, ou unhas zapas molonas en In Off.
E se podes e queres que o teu pai alucine, recorda que en Arteixo tes Tien 21 e SEA Cenor, duas tendas nas que atopar televisores de última xeración, primeiras marcas en equipos de son, afeitadoras e moito máis. E en Náttex mobles de descanso, uns sofás e colchóns que quitan o hipo pola sua calidade e deixan sin palabras polo prezo e o excelente servicio postventa.
Elixades o que elixades, esperamos que veñades a Arteixo a facelo, e non esquezades o que temos unha divertidísima competición para pais e fillos este sábado en Arteixo, tedes toda a información aquí.