Os días 2, 3 e 4 de outubro numerosos establecementos da localidade ofrecerán prezos rebaixados e repartirán case 2.000 euros en premios

O comercio local adáptase aos novos tempos. Nun ano diferente que obrigou a buscar novas formas de relacionarnos, divertirnos ou mesmo ir de compras, o Arteixo Centro Comercial Aberto presenta a Pink Weekend, un evento que toma o relevo da tradicional Feira de Oportunidades. Na primeira fin de semana de outubro, numerosos establecementos da localidade abrirán as súas portas para ofrecer descontos especiais e premios directos. Todo isto respectando escrupulosamente as recomendacións sanitarias e de hixiene para garantir a seguridade de clientes e profesionais.

A fin de semana dos descontos arrancará xa o venres 2 de outubro e prolongarase durante tres días. Os comercios participantes estarán identificados cunha bandeira rosa colocada diante do escaparate e unha alfombra da mesma cor na entrada. Ademais, no centro da vila estará instalada unha “ruleta da sorte” na que que se repartirán centos de agasallos e vales de desconto de cinco euros para mercar nos establecementos da vila. Repartiranse, en total, case 2.000 euros en premios.

A vicepresidenta do Arteixo CCA, María Encina González, quere que a Pink Weekend sirva para “devolver a confianza que a xente depositou no comercio local nun ano tan difícil coma este”. Dende a asociación, que agrupa a comerciantes e hostaleiros, confían ademais en que o evento sirva para poñer en valor o esforzo realizado para adaptar a actividade de todos os establecementos aos protocolos de prevención da covid-19. González lembra que “as medidas especiais impostas en Arteixo supuxeron un golpe para a economía local”, pero agora que xa se levantaron as restricións cre que chegou o momento de reivindicar o pequeno comercio e a hostalería da vila “como o que sempre foron, un espazo totalmente seguro para as compras e o lecer”.

 

Bases da participación na Ruleta Arteixo CCA
“PINK WEEKEND de OUTUBRO de 2020”

ORGANIZA

Arteixo Centro Comercial Aberto, con CIF G15700818 (en adiante, Arteixo CCA ou a organización).

OBXECTO DO SORTEO

A partires dunha compra en calquera tenda adherida á campaña do PINK Weekend durante os días 2, 3 e 4 de outubro, os clientes poderán tirar a ruleta do Arteixo CCA e optar aos premios da mesma. Non todas as tiradas teñen agasallo. Algunhas son agasallos directos, outras vales de compra por valor de 5€ para consumir ata o 31 de decembro de 2020. Os clientes poderán achegarse co vale a calquera establecemento do Arteixo CCA e utilizalo na súa integridade para compras maiores de 5€.

PREMIOS

  • Coa participación na ruleta poderanse obter os diferentes premios: 5€ en vale de compra e agasallos serigrafiados do Arteixo CCA, como son: botellíns, portamáscaras, xogos de cartas, bolsas de tela. Estes premios non son canxeables por cartos, nin admite cambio en efectivo. Tampouco se permite cambiar un premio por outro, independentemente do valor do premio.
  • Non se permite repetir unha tirada na ruleta, salvo que o resultado sexa “tira de novo”.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.

Poderán participar no sorteo todas as persoas maiores de 18 anos, de nacionalidade española ou residentes en España.

MODO DE PARTICIPACIÓN

  • A promoción desenvolverase do venres 2 ao domingo 4 de outubro, en horario de:
    Venres, 10:00-14:00/ 16:30-20:30
    Sábado, 10:00-14:00/ 17:00-20:30
    Domingo, 11:00-14:00
    Os participantes deberán presentar o seu ticket de compra ao persoal presente na ruleta e a cambio poderá facer a cantidade de tiradas relativa ao número de tickets dos que dispoña.
  • Antes da tirada deberán entregar o ticket, que pasará a selarse para quedar inhabilitado para seguintes tiradas. Tamén deberán seguir todos os protocolos sanitarios previa participación na ruleta.
  • Os produtos que se obteñan a través deste cheque regalo non terán devolución por diñeiro, pero si por outro artigo da mesma tenda. Nunca poderá cambiarse por diñeiro.
  • Os premios non son ilimitados, e se limitan a un número concreto de existencias. Unha vez entregados unha categoría de premios, indicarase previa tirada que premio o substituiría.
  • O Arteixo CCA resérvase o dereito a cancelar a promoción en caso de que se faga entrega de todos os regalos previstos para a acción.

LÍMITE DE PARTICIPACIÓN.

Cada participante poderá participar só unha vez por ticket de compra. Non poderán participar no concurso os e as traballadoras dos establecementos participantes na campaña.

XURADO E A ORGANIZACIÓN

  • Consituirase un xurado composto por representantes da organización e a xerencia do Arteixo CCA.
  • O xurado e/ou a organización terá as potestades, ademais de:
    • Descalificación dos participantes que non cumpran os requisitos esixidos ou non cumpran algunha das normas establecidas.
  • Os participantes aceptan e acatan expresamente os criterios e instrucións que marquen o xurado e/ou a organización en xeral e respecto de calquera conflito xurdido durante o sorteo, sen que os participantes teñan nada que reclamar ao respecto.

DESCALIFICACIÓN

  • A organización e/ou o xurado resérvanse o dereito de eliminar a calquera participante do sorteo que non cumpra os requisitos, que atente contra o uso e bos costumes, non acaten as instrucións recibidas, alugue algunha dúbida sobre a veracidade da promoción, ou se valera de sistemas e/ou programas informáticos para participar e mellorar o resulto no mesmo, alterando o normal desenvolvemento do concurso, ou actúe de forma fraudulenta.
  • Así mesmo, quedarán descalificados aqueles participantes que non cumpran as normas establecidas para a participación, e os que se atopen nos demais supostos previstos neste documento para ser invalidados.

ACEPTACIÓN DAS BASES

  • .A participación na promoción supón a aceptación íntegra das bases, a expresa renuncia dos participantes a realizar impugnación algunha sobre as mesmas e ao exercicio de calquera outra acción administrativa ou xudicial que puidese corresponderlles.
  • Os participantes e gañadores eximen ao Arteixo CCA, así como ás empresas promotoras e colaboradoras da presente promoción das responsabilidades derivadas de problemas por forza maior ou caso fortuíto, non tendo nada que reclamar contra ningún dos entes antes reseñados.
  • Para a resolución de calquera dúbida sobre a mecánica, os premios ou o funcionamento da ruleta obxecto da promoción, os usuarios poden contactar co Arteixo CCA a través do correo electrónico cca@ccaarteixo.com ou no teléfono 608549011.
  • O Arteixo CCA resérvase o dereito a modificar, ampliar, suspender, restrinxir ou retirar a presente promoción en calquera momento, por razóns xustificadas.

DISPOSICIÓN DAS BASES

Tanto as bases como os detalles descritivos dos premios poderán consultarse no Arteixo CCA (rúa Mestre Mateo nª10, Baixo) ou na páxina ccaarteixo.com