A partir do xoves 16 de febreiro comeza o concurso de tapas por Arteixo. Os mellores restaurantes da cidade poñen toda a carne no asador, nunca mellor dito, e tamén o peixe, os productos da horta e moitas delicatessen para sorprendervos. Aproveitade ata o domingo 19, pois son moitas tapas e non se dan probado nun só día, para poder decidir cal é a gañadora.

Este ano temos moitas ganas de coñecer se os antigos gañadores dos nosos concursos de tapas anteriores serán quen de revalidar o seu título. Seguro que vos apetece degustar o que ten preparado o equipo de 40 y Tantos, pois alzáronse co premio á mellor tapa Jurado Popular. Bata de Guata acadou outro gran mérito: o premio do Jurado Profesional o ano pasado. En anteriores edicións houbo outros vencedores como La Ventana, ou o Castelao, por exemplo.

Este ano volveremos ter dous premios, un dado polos que degusten os pratos dos nosos bares e restaurantes e outro por un xurado profesional, pero isto foi unha novedad do ano 2016. Antes só tiñamos un no que brillaron en distintas edicións outros locais como El Naranjo de Mamá Chicó, o Castelao ou La Ventana.

restaurantes en arteixo concurso de tapas

Visita os nosos restaurantes en Arteixo e proba as mellores tapas

No ano 2017 queremos coñecer o sabor das novas propostas dos antigos gañadores, poderán volver a seducirnos de novo? Os restaurantes en Arteixo: A Tosta, A Vinoteca do Cramuxo, O Asador Pimpollo, Bajo Trece, Bar Code, Café Bar Rancho, Cafetería Castelao, Cervecería Play, Ek Chuah, Hamburguesería Ivi, La Ventana, Os Bosques, O Petisco, a Viñoteca O Refuxio, Arume Arpado e ata Pizza Tutto xa teñen preparadas as súas propostas para namorarvos.

Algunhas das tapas que optan a concurso teñen nomes moi divertidos. Que sabor terá o Engañamaridos do Asador Pimpollo? E La Concha!!! de A Vinoteca do Caramuxo? Moito ollo a esta proposta que está feita con un salteado de zamburiñas, gambas e ibérico, todo montado sobre unha crema de pataca o albariño. Estas tapas tan orixináis compiten cara a cara con outras propostas culinarias máis tradicionáis, como a Terra Galega de 40 y Tantos onde os nosos sabores son os protagonistas; tamén a Filloa Rechea do Café Bar Rancho ou o contundente Petisco de Inverno da cafetería Castelao, un bocado onde o solombo é o protagonista.

En febreiro disfrutade da nosa cidade, gozade cos nosos sabores e descubride os nosos restaurantes en Arteixo petisco a petisco. Benvidos.