O 19 de marzo celebramos en Arteixo CCA o Día do Pai máis Divertido da Historia, e o Sábado 30 de Abril imos celebrar o Día da Nai máis inesquecible, como non podía ser menos

Para esta ocasión Arteixo CCA proponnos xogar con mamá, e os pequechos e pequechas da casa seguro que van alucinar aprendendo e xogando con mamá a saltar á corda, á goma, e outros xogos…. Porque é incríble todo o que saben facer as mamás, porque non temos mamás, temos SUPER-MAMÁS, SUPER-MUMS super-heroes, que tanto van traballar, como fan a compra, compoñen a casa, son mestras dos deberes, xogan con nós, toman café coas amigas, van a clase de pilates… e moito máis….. Por iso temos tamén preparado un fotocall moi especial, o FOTOCALL SUPERHERO, onde podemos felicitar ás mamás e sacarnos unha foto con ela disfrazándonos e poñendolle as medallas e complementos que mellor demostran o SUPER que son as mamás E AS AVOAS, que son mamás por partida dobre!!!

Queres participar con Mamá no Día da Nai máis inesquecible da historia do CCA?? Pois é moi doado:

  1.  Recolle información e unha invitación en calqueira tenda asociada.
  2. O sábado 30 de abril de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, vide a divertirvos en familia:
    •   FOTOCALL “Felicidades Super-Mum” en Rúa Canónigo Cándido Varela, esquina con Avda Balneario.
    •   VEN XOGAR CON MAMÁ: na travesía de Arteixo, na praza do Eroski
  3.  Só por participar, leva un globo corazón para regalar a mamá, e un talonario de vales de desconto en 23 comercios do pobo.
  4.  Participa nas 2 actividades e entra nos sorteos de talonarios de vales de compra de 230 €.

NON FALTES!!

Ven xogar e sacarte fotos con mamá en Arteixo CCA!!

E leva descontos e vales de compra cos que facer un gran regalo a mamá, por moi pouco, e sen sair da casa!

Agardámosvos!! FELICIDADE, SUPER-MUM!!

 

Cartel (pdf)

Volante (pdf)

 

FOTOCALL

 

XOGOS