Que conto trae o CCA?

Un ano máis, no Centro Comercial Aberto de Arteixo queremos celebrar o día do libro convosco, e por iso traemos unha morea de actividades para estas próximas dúas semanas.

Por unha banda, teremos este venres día 20 de abril ás 18h en Libraría Mina e na Xoguetaría Don Dino, ubicadas ambas na travesía de Arteixo nº 320, o espectáculo “Fíos do Querer”, de Cé Orquestra Pantasma! Ademais dun obradoiro de xoguetes tradicionais. Para que os nenos e nenas da vila pasen unha divertida tarde de venres e fagan xoguetes e aprendan cancións para o resto da fin de semana e máis! A entrada é de balde, pero até completar o aforo.

O martes 24 de abril acolleremos unha charla co noso cronista local, Xabier Maceiras, que estará ás 19h na Libraría Marina, na avenida de Finisterre nº 175. A xornalista Isabel García falará con el das últimas investigacións que está a facer, dos seus libros e de anécdotas da nosa vila. Posteriormente, Maceiras asinará o seu famoso último libro “Crónicas de Arteixo”.

E por último, temos unha XINCANA LITERARIA! Dende o luns 16 de abril ata o domingo 29 de abril atoparedes 51 citas diferentes en algúns dos establecementos do CCA de Arteixo ubicados no núcleo da vila. SE ATOPADES AO AUTOR OU AUTORA DE TODOS OS LIBROS, GAÑAREDES 100€!

É moi sinxelo: tedes que atopar os 51 carteis nos escaparates dos nosos establecementos, descubrir quen escribiu cada un deses libros, e a primeira persoa en publicar a lista de autores e autoras no noso muro de FB gañará 100€ en vales de compra para gastar nos establecementos do Arteixo CCA.

Como din nun famoso libro xuvenil “que dean comezo os xogos!”