A concellaría de cultura e festas do Concello de Arteixo publica as bases do concurso infantil e do concurso de carrozas, comparsas e disfraces de adultos

Serán un total de 8.770,00 € nas distintas modalidades. O prazo para inscribirse comeza o 13 de xaneiro.

concurso infantil celebrarase no Pazo dos Deportes o sábado 6 de febreiro ás 17:30 h.O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de xaneiro no Servizo Municipal de Cultura e Festas situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

concurso de carrozas, comparsas e disfraces de adultos será, como cada ano o martes de Entroido. O desfile comezará ás 17:30 h. As persoas interesadas teñen de prazo para efectuar a súa inscrición ata o 29 de xaneiro antes das 14:00 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

As bases para cada unha das modalidades pódese consultar na web do Concello, neste enlace:

http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/7151