abril, 2015
Detalle do evento
“ponte wap@, con Arteixo CCA”, é unha campaña na que os clientes dos comercios e dos servizos asociados ao CCA, poderán ver as súas compras premiadas con vales co desconto
Máis
Detalle do evento
“ponte wap@, con Arteixo CCA”, é unha campaña na que os clientes dos comercios e dos servizos asociados ao CCA, poderán ver as súas compras premiadas con vales co desconto do 15% en servizos de perruquería e estética a escoller entre 4 establecementos: Arteixo Láser e Perruquerías Ángela Hermida, Imagen e Yolanda.
Os establecementos participantes, estarán identificados cun cartel da campaña, e neles o cliente poderá solicitar o seu desconto, a canda as suas compras.
O procedemento da campaña é sinxelo: Coas compras podemos solicitar un destes vales-desconto do 15%; despois podemos pedir cita en calquera dos 4 centros de perruquería e estética da campaña, e pagar un 15% menos, presentando o vale-desconto, acompañado do ticket de compra.
Así que xa saben, durante o mes de abril, e ata fin de existencias de vales e citas… os comercios de Arteixo CCA, ademáis de ofrecerche a mellor moda, complementos e servizos, axúdannos a estar aínda máis guapos e guapas, co 15 % de desconto en perruquería e estética.
Horario
1 (Mércores) 10:00 - 30 (Xoves) 21:00
Localización
Campaña Ponte Wap@
En Arteixo - A Coruña
Evento Organizado por
Arteixo Centro Comercial Aberto