Este ano vas ter máis tempo para escoller as mellores oportunidades de liquidación de stocks na Feira de Oportunidades de Arteixo CCA!!!

Coma sempre a 1ª fin de semá de marzo, pero esta vez cunha tarde a maiores, así que o venres, despois de traballar, anímate a estar entre os primeiros visitantes, xa que a feira abrirá as suas portas:

VENRES 4 de Marzo: 16 a 21 horas

SÁBADO 5 de Marzo: 10 a 21 horas

DOMINGO 6 de Marzo: 11 a 19 horas

 

Estará ubicada de novo nunha grande Carpa, na Explanada das Festas, na Avda. de Fisterra, e a carón da Oficina de Turismo de Arteixo, e rodeada dos vehículos de Ocasión da V Edición da FEIRA AUTO-ARTEIXO, xa que os vehículos estarán expostos de novo nos aparcamentos que rodean a explanada das Festas, constituindo as duas feiras (Oportunidades e Vehículos de Ocasión) un “todo” compacto para ofrecer maior comodidade, variedade e vistosidade aos visitantes e clientes.

Os visitantes atoparán uns 100 vehículos de Ocasión que se poderán ver e mercar na exposición de AutoArteixo, e dentro da Carpa da Feira de Oportunidades atoparemos as xa coñecidas e esperadas oportunidades de roupa e calzado infantil, de home e muller, pero moitos máis productos, como lenzaría, perfumería, estética,  complementos, menaxe, cupcakes e doces de Pascua, ópticas, artesanía en coiro, xoguetería, e servicio de cafetería para poder descansar, tomar refrescos, café ou mesmo comer na feira.

Temos a disposición unha enorme, agradable e cómoda superficie para pasear, atopar productos e servizos moi variados e para todos os gustos e necesidades, mercar boas oportunidades, tomar algo, e pasar un bo día en Arteixo.

O ocio e a comodidade, ademáis de cs servizos de cafetería, está procurado coa nosa habitual  zona infantil pechada e vixiada onde os nenos a partir de 3 anos, serán atendidos por monitores especializados, mentres os maiores están paseando ou mercando.

Contaremos cos apreciados sorteos  pero como novidade, nesta edición, celebraremos 2:  un sorteo o sábado ás 17 horas, e outro o domingo ás 18:30 horas, media hora antes de pechar. Participarán no sorteo os clientes que leven comprado ata o momento do sorteo xa que obterán rifas con cada compra. Os premios son  Vales regalo cos que mercar en calquera dos establcementos expositores (xa fora da feira) e impresionantes lotes de obsequios. Tampouco faltará a entrega do premio ao mellor stand da feira, cunha importante dotación económica para o establecemento gañador.

O CCA de Arteixco prepárase para recibir a uns 12.000 visitantes e consumidores de toda a comarca, mantendo a liña de edicións anteriores.

Este é o listado dos nosos expositores:

Arteixo CCA Asociación de comerciantes e Hosteleiros de Arteixo
ANA LA MODISTA DE LOS PEQUES Moda Infantil a medida e persoalizada
BALNEARIO VISIÓN Óptica e audiometría
BROOKLYN Moda xoven
CALZADOS PASOS Calzado
CALZADOS RAMOS Calzado
CASUAL KIDS / CSK Moda Infantil e Xuvenil
CORRECAMIÑOS Calzado Infantil e Xuvenil
DON DINO Xoguetería
DOUS ANDARES Calzado Infantil
DULCES COCORICO Doces artesáns e persoalizados
IN OFF Zapas
LENCERÍA ENCAJE Lencería e corsetería
LENCERIA MANEUX Lencería e corsetería
LUZ FERRO Artesanía de Galicia en Coiro
MEBÁ Moda de Señora
MIRA HOME Moda de Cabaleiro
ÓPTICA ROMAY Óptica e audiometría
PERFUMERÍA MARUXA Perfumería, cosméticos e complementos
PRATOS ROTOS Menaxe
REBULIR Moda infantil
SEA Electrodomésticos e instalación
TRES SORRISOS Moda infantil
TRISCOS Moda xoven
ÁNCORA CAFÉ Cafetería e Zona de Descanso
LA PINTXOTEKA Cafetería e Zona de Descanso
ZONA INFANTIL Zona para nenos de 3 a 12 anos con atención profesional
LISTAUTO Vehículos de Ocasión e Mecánicas rápida
SENRA SPORT Vehículos de Ocasión
D&D Vehículos de Ocasión e Mecánicas rápida
ARTE MÓVIL Vehículos de Ocasión e Taller

Dossier de Prensa

La Opinión de A Coruña

Noticia ver pdf

Noticiero de Arteixo