Falta menos dun mes para San Valentín, xa sabes o que agasallarás a túa parella? Imos aproveitar a data para facer dous artigos, un con ideas para facer o mellor regalo para o teu mozo e outro para a túa moza; para gustos hai cores, sabémolo, pero nestes establecementos seguro que atopas iso que buscas. Empezamos con ideas para ela.

Xoiaría en Arteixo: Joyería Barca

Comezamos con ideas para elas coa nosa xoiaría favorita en Arteixo: Xoiaría Barca en Avda Finisterre n.º 183. Nela, Manuel e Montse teñen para ti un amplo catálogo de colgantes, pulseiras. pendentes e anéis; quen sabe, quizais escollas San Valentín para facer a gran pregunta. Aínda que esta xoiaría en Arteixo sexa estupenda para atopar esa peza especial para a túa moza tamén son especialistas en reloxos para ela. Agora só tes que escoller un bo restaurante en Arteixo para facer o agasallo.

lencería en arteixo

Tendas de lencería en Arteixo: Lencería Encaje e Lencería Maneux

Fala con Fina en Encaje, ou con Jhoana en Maneux, para procurar esa peza de lencería para poñer o punto picante á noite. Nestas 2 tendas de lencería atoparás a axuda máis profesional, marcas de calidade, e moita complicidade e simpatía para buscar sin presión a prenda perfecta. E lembra que non só ela ten que porse guapa para esta ocasión, fala con Fina e con Jhoana a ver se ten para ti algunha peza de roupa interior sexi e divertida coa que seducila.

jugueterías en arteixo

Xogueterías en Arteixo: Xoguetería Don Dino

Como? Agasallar un xoguete en San Valentín? Non lle quites valor a apelar o seu lado máis infantil cun clásico osiño de peluche, un globo ou un boneco simpático que lle recorde a algún momento especial da súa infancia. Se usas a imaxinación, en Xoguetería Don Dino poderás mercar o que preciasas para facer a posta en escena do teu agasallo, e farala sorrir, seguro.

fotografos en arteixo

Fotógrafos en Arteixo – Estudio M Fotografía

Rául Vazquez é un fotografo incríble, por que non pos a proba o seu arte invitando a túa moza a facervos unha foto artística dos dous coa que lembrar este día? Chámalle o 981 633 950 e pide cita para agasallar un recordo que será para sempre.

Agardamos que estas catro ideas che sirvan para facer de San Valentín un día especial en Arteixo Centro Comercial Aberto. Na próxima semana darémosche outras catro ideas