Ata o sábado 26 os comercios de Arteixo énchense de descontos. Se adiantas os teus agasallos de Nadal a novembro poderás mercalos máis baratos, gañar vales de compra e incluso unha SmartTV valorada en máis de 600€! Agora que xa tes claro que vir a Arteixo a mercar e desfrutar nestas datas, vexamos que máis ideas temos para ti. Non vos perdades, por suposto, o noso anterior artigo no que falamos de Luz Ferro, Don Agro e Don Dino.

En CSK-Casual Kids podrás atopar moda e calzado para os xóvenes da casa, posto que teñen as mellores marcas nunha tenda preciosa. En Avda. do Balneario, 38 atoparás esas zapatillas Adidas que a túa filla quere. Case enfrente, en Rúa Canónigo Cándido Varela, 8 – 10, está Calzados Correcamiños, con calzado para toda a familia, empezando polos máis pequenos. Se procuras máis moda infantil camiña un chisco rua abaixo pola Avda do Balneario, ata chegar a Rebulir, a escasos 25 m, e alí atoparás máis moda para nenos e nenas de todos os estilos.

Arteixo énchense de descontos antes do Nadal

Dende alí, dobrando a esquina e seguindo ata Avda dos Bosques, noutros 50 m, atoparás Tres Sorrisos, ideal para vestir aos pequenos dese xeito especial que apetece nas festas que se aproximan. E na mesma beirarúa, o seguinte escaparate é o de Dous Andares en Avda. dos Bosques, 5, unha zapatería coas mellores marcas para nenos e nenas e tamén cun grande surtido de zapatillas para a toda a familia, que sempre son un éxito como agasallo de Nadal.

Moda Infantil en Arteixo

Pero non todo é para os pequechos, para os maiores tamén hai descontos e boas ideas de moda e calzado. Para visitar neste Black Friday, tedes zapaterías como Calzados Pasos. En Triscos poderás achegarte as últimas tendencias de moda para xóvenes; e por suposto Brooklyn; Mira Home con toda a moda para cabaleiro; Bianco cunha moda xoven e expertos en amplo tallaxe; e In Off coas zapas e complementos urban de última tendencia. Por certo, sabías que Brooklyn leva aberto dende 1978? Case nada! Sobre todo tendo en conta, que leva dende entón, ofrecendo as últimas tendencias en moda xoven e actual, das marcas máis exclusivas.
No noso Centro Comercial Aberto contamos con dúas estupendas tendas con pezas de lencería en Arteixo. Unha é Maneux Lencería en Travesía Ría do Ferrol baixo, s/n e é especialista na venta de corsetería (xa sabedes que agasallar, ou con que agasallarte) e Lencería Encaje en Rúa Ría de Noia, 3 baixo, coa mellor calidade e marcas; e é que moitas veces agasallar unha prenda íntima é o mellor detalle que podedes facer.

lenceria en arteixo

Moda infantil e xuvenil, lencería, arte e todo o que precises poderalo atopar en Arteixo

Outro agasallo que pode resultar exclusivo este Nadal é unha peza de artesanía de Luz Ferro que con coiro tratado de xeito natural fai carpetas, mochilas, bolsos, monedeiros, chaveiros, cintos, e un longo etcétera de obxectos artísticos e super-prácticos que todo o mundo agradece.

Pero non esquezamos que unha grande protagonista no Nadal é a mesa, e nada mellor que enchela cos mellores pans, doces e asados que podedes encargar en Panadería Gestal. E por que vos aconsellamos visitar estos comercios en Arteixo? Porque en todos eles atoparedes descontos Black Friday dende o xoves 24, e rifas para optar a estupendos premios: como unha Smart TV de 49″ ou vales de compra de 50 € para aproveitar máis aínda as ofertas. Non hai dúbida: escoller Arteixo e saír gañando.