O Arteixo Centro Comercial Aberto anuncia o II Concurso Fotográfico Arteixo CCA. Poderedes presentar os vosos traballos fotográficos do 1 ao 10 de maio do 2015. A 2a edición do Concurso Fotográfico Arteixo CCA pretende aproximar o ollo dos consumidores de Arteixo ao valor económico, social, de conciliación coa vida familiar, de veciñanza e seguridade, así coma o valor estético e artístico, que aporta o pequeno comercio ao pobo de Arteixo.

arteixo centro comercial concurso fotografía

DESCÁRGACHE AS BASES E O FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O Arteixo CCA pon así énfase na necesidade de que os consumidores apoien ao pequeno comercio local, mercando nel de xeito preferente a facelo nas grandes superficies. Así mesmo, de novo, o CCA cumple outro dos seus obxectivos que consiste en contribuir a dinamizar a vida social a través das actividades que se poden disfrutar no noso pobo.

Os participantes da 2a edición do Concurso Fotográfico Arteixo CCA terán que presentar unha fotografía orixinal que reflexe a temática expresada no título: “Pequeno Comercio: Emprego e Vida en Arteixo”.

Poderá participar no concurso calqueira persoa física maior de idade residente no territorio Español. Admitirase un máximo de 2 fotografías por participante, coas que o participante optará a un único premio, que divídense entre os seguintes:

OS PREMIOS DA SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

Primeiro Premio: dotación valorada en douscentos (200) euros en forma de vales de compra para ser consumidos en comercios asociados ao CCA, no prazo de un (1) día (sistema de compra rápida) en data a designar polo CCA. Diploma e unha impresión da sua fotografía en gran formato. Edición do cartel e folleto do seguinte concurso ilustrado coa fotografía gañadora.

Segundo Premio: dotación valorada en cen (100) euros en forma de vales de compra para ser consumidos en comercios asociados ao CCA, no prazo de un (1) día (sistema de compra rápida) en data a designar polo CCA. Diploma e unha impresión da sua fotografía en gran formato.

8 Seminifinalistas: Diploma e unha impresión da súa fotografía.

Esperamos recibir a vosa talentosa participación e a vosa visión do máis importante do Arteixo Centro Comercial Aberto: Arteixo e todos os pequenos comercios que dan vida a nosa cidade.

 

E Lembrámosvos que durante o o mes de abril, Arteixo CCA, ten en marcha a Campaña Ponte Wap@ na que as compras en establecementos asociados teñen como premio un 15% de desconto en servicios de perruquería e estética, e que en poucos días dará comenzo o I Curso de Redes Sociais Aplicadas ao Pequeno Comercio no que participarán 25 comerciantes asociados.